Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| José Pérez Ballesteros Santiago de Compostela, A Coruña, 30/06/1833 04/09/1905 Académico fundador Margarita Ledo Andión (07/02/2009 - ) Miguel Anxo Araúxo Iglesias (30/05/1980 - 22/07/2007) Ramón Otero Pedrayo (09/12/1929 - 10/04/1976) Francisco Ponte y Blanco (23/09/1921 - 20/07/1926) José Pérez Ballesteros (04/09/1905 - 30/10/1918) Tesoureiro (04/11/1905 - 02/11/1914) Marilar Aleixandre (28/03/2017 - Actualidade) Rosario Álvarez Blanco (20/04/2013 - 17/03/2017) Manuel González González (23/01/2010 - 20/04/2013) Andrés Fernández-Albalat Lois (20/12/2001 - 18/12/2009) Xosé Ramón Barreiro Fernández (29/11/1997 - 29/11/2001) Antonio Meijide Pardo (26/06/1983 - 01/06/1997) Marino Dónega Rozas (26/12/1976 - 20/03/1983) Leandro Carré Alvarellos (19/06/1951 - 14/02/1976) Ángel del Castillo López (15/10/1944 - 19/04/1951) Manuel Banet Fontenla (19/06/1944 - 15/10/1944) Ángel del Castillo López (13/12/1942 - 19/06/1944) Félix Estrada Catoyra (30/06/1924 - 14/03/1938) Francisco Ponte y Blanco (12/05/1923 - 31/03/1924) Andrés Martínez Salazar (02/10/1915 - 10/02/1923) José Pérez Ballesteros (04/11/1905 - 02/11/1914) Nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e finado na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un poeta do Rexurdimento que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo. Asemade, foi un dos 40 membros fundadores da Real Academia Galega e o seu Tesoureiro. Licenciouse en Filosofía e Letras e doutorouse en Dereito Civil e Canónico. Aos 22 anos ingresou no ensino, desempeñando, na súa cidade natal, as cátedras de Literatura Latina, Economía Política e Estatística e Dereito Canónico, entre outras. Por oposición obtivo a cátedra de Psicoloxía, Lóxica e Ética do Instituto da Coruña, que estivo baixo a súa dirección desde 1873 ata a súa xubilación. Ao longo da súa vida pertenceu a diversas corporacións científicas e literarias de Galicia e do estranxeiro. A asociación El Folklore Gallego, coa que colaboraba, publicou o seu Cancioneiro popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña, unha obra en tres tomos que o converteu nun folclorista de sona e que lle valeu os galardóns da medalla de bronce na Exposición Permanente de Nápoles e da medalla de honra da sociedade Propaganda da Ciencia Popular. Mesmo na actualidade, o tratamento da lingua galega no Cancioneiro de Pérez Ballesteros continúa sendo obxecto de análise (vid.: “O tratamento da lingua no cancioneiro popular gallego (1885-1886) de José Pérez Ballesteros”, en Garoza, n.º 6 (2006); p. 173-194). No que respecta á Real Academia Galega, non só participou da súa fundación, senón que tamén exerceu labores de tesoureiro desde os inicios, en 1905, ata o 2 de novembro de 1914. Pérez Ballesteros dá comezo á súa creación literaria moi novo, co poema “O soño” recollido no Álbum de la Caridad, en 1853. A produción poética do noso biografada considérase debedora do posromanticísmo e do decadentismo, mentres é recoñecida pola súa riqueza lingüística. Aínda que só publicou dos libros de poemas, deixounos unha achega moi relevante, tanto literaria como ensaística, en numerosos xornais da época coma El Heraldo Gallego, O Novo Galiciano, Revista de Galicia, Galicia ou La Ilustración gallega y asturiana. Asemade, deixou inédito o traballo Refranero gallego y diccionario analítico, que foi premiado no certame organizado pola Reunión Recreativa de Artesanos da Coruña en 1884. No ámbito da investigación, a etnografía foi do seu principal interese, pero tamén a historia e mesmo a tradución. Publicacións exentas Ensaio Antoloxias |
Axenda de actos Ver todos |
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia |
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h Charla da campaña Toponimízate nas Neves |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega