Máis de 1.500 historias optan aos premios do IV Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal

O prazo para participar no IV Concurso de Microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal rematou o domingo 28 de febreiro cun notable incremento no número de contos presentados. Son máis de 1.500, o dobre có ano pasado.

Na categoría de adultos recibíronse máis de 700 contos; na xuvenil, preto de 500 e na infantil, uns 300. Os xurados de cada modalidade, constituídos por membros propostos pola RAG, PuntoGal e a revista Luzes, elixirán os tres mellores textos de cada categoría. A resolución do concurso coñecerase tras a Semana Santa.
Todos os detalles da convocatoria están dispoñibles na páxina web relatos.gal.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete