A académica de honra electa María Rosa Lojo recibirá a Medalla Europea Homero de Poesía e Arte

25/06/20 |
A autora arxetina de orixe galega recibirá a distinción na Feira do Libro de Buenos Aires de 2021 e verá traducida ao chinés unha antoloxía da súa obra

Un volume recompila os estudos sobre os nomes das rúas da IV Xornada de Onomástica

23/06/20 |
A Real Academia Galega edita as achegas de catorce especialistas a un encontro que puxo o foco na necesidade de preservar a toponimia tradicional

Primavera das Letras rexistrou en maio un incremento no número de consultas do 180 %

19/06/20 |
A edición dedicada a Carballo Calero do proxecto web da RAG para os nenos e nenas recibiu só no mes de maio máis visitas ca en todo o ano anterior. O prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras amplíase ata o 1 de decembro

A pianista Rosa Torres-Pardo ponlles música aos versos de Carvalho Calero na voz de Lucía Álvarez

12/06/20 |
A intérprete, gañadora do Premio Nacional da Música, e a actriz Lucía Álvarez gravaron durante o confinamento unha homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas 2020 baseada nun poema de "Excalibur"

Unha tradución singular para celebrar o Día dos Arquivos

9/06/20 |
Co gallo do Día Internacional dos Arquivos, o da RAG detense na versión en galego da lenda do bardo irlandés Oisín que realizou Juan Beceiro

Henrique Monteagudo aborda a realidade das linguas minoritarias peninsulares no ciclo virtual internacional da Abralin

8/06/20 |
O coordinador do Seminario de Sociolingüística falou sobre a diversidade lingüística da península Ibérica no programa posto en marcha durante o confinamento pola Associação Brasileira de Linguística. O ciclo, inaugurado por Noam Chomsky, conta con relatores e público de todo o mundo

O III Concurso de microrrelatos premia nove pequenas grandes historias entre as máis de 750 presentadas

5/06/20 |
Os galardóns da RAG e PuntoGal distinguen os contos presentados por autores e autoras de distintas idades de Ourense, Marín, Redondela, A Coruña, Caión, Porriño, Teo, Vigo e Val do Dubra. As nove historias suman 1.025 palabras. A máis breve é de só 32

O Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstolo celebra a Carvalho Calero dende o confinamento

4/06/20 |
Os alumnos gravaron cos móbiles dende as súas casas unha homenaxe audiovisual que repasa a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020 a través da música e a dramatización

Dos precursores ao Día das Letras Galegas dende o arquivo da Academia

28/05/20 |
O arquivo da RAG lembra neste mes das Letras Galegas a través dos seus documentos historiográficos unha serie de feitos que contribuíron dalgún xeito a chegar a esta 58 edición da festa grande da nosa cultura moito antes da súa instauración

"Carvalho Calero comezou a escribir teatro durante a República por militancia"

26/05/20 |
Laura Tato Fontaíña repasa nesta entrevista as achegas á escena do protagonista das Letras Galegas 2020. Para a catedrática da UDC a súa mellor obra é 'Os xefes', unha crítica a transición española que é tamén unha homenaxe a Castelao
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete