O Dicionario pechou 2020 cunha media de máis de 105.000 buscas diarias

13/01/21 |
Entre xaneiro e decembro producíronse máis de 38.500.000 consultas, case un 50 % máis có ano anterior. As procuras disparáronse a partir do primeiro estado de alarma. A cifra máxima de consultas mensuais, 4.800.802, rexistrouse en maio

As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

8/01/21 |
O concello gravará no pavimento os termos elixidos dende 2014 por votación popular na iniciativa promovida polo Portal das Palabras

Sesenta anos de 'Memorias dun neno labrego'

7/01/21 |
A obra máis popular do académico Xosé Neira Vilas saíu do prelo por primeira vez o 5 de xaneiro de 1961. A historia, dedicada "a todos os nenos que falan galego", pode lerse en case vinte idiomas

'Nós', elixida Palabra do Ano 2020

28/12/20 |
A votación promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras proclama gañadora unha voz que é moito máis ca un pronome: designa a xeración que modernizou hai un século a cultura galega e hoxe tamén nos lembra que superar a pandemia require da implicación colectiva

A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias

22/12/20 |
A institución renderalle homenaxe a unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma, e recoñecerá tamén o seu papel como tradutora. A Academia tomou a decisión nun pleno en que foi ademais elixida académica de número Ana Isabel Boullón

O Clúster do Audiovisual premia a serie 'Conseguiremos' da RAG e a USC

20/12/20 |
O proxecto de Paula Quiroga, Lois Alcayde e Meritxell Álvarez foi distinguido no Pitching TFG, que recoñece os mellores traballos fin de grao das facultades de Comunicación

Os Premios Barbantia recoñecen a Clodio González

20/12/20 |
O académico correspondente recibiu un dos premios da Asociación Cultural Barbantia en recoñecemento a súa traxectoria. O historiador mantén un vínculo estreito coa comarca do Barbanza, onde coordina a editorial Toxosoutos

'Gromo', 'máscara', 'nós', 'pandemia', 'seteiro' e 'vacina' optan a se converter na Palabra do Ano

16/12/20 |
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven a elección colectiva do termo deste 2020 a través do Portal das Palabras. A votación telemática permanecerá aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro

A Real Academia Galega e a USC presentan o proxecto audiovisual 'Novas voces para a lingua'

15/12/20 |
A iniciativa arrinca coa serie 'Conseguiremos', cinco capítulos a prol do uso e do galego entre a mocidade protagonizados por Verónica Boquete, Baiuca, Laura Lamontagne, Andrés Goteira, A Panadaría Teatro, Iria Veiga e Ángel Carracedo en diálogo con mozos e mozas para os que son referentes

A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do "mellor da cultura galega do século XX"

12/12/20 |
A institución celebrou o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas 2020 de Carvalho Calero no paraninfo da USC, a súa patria académica. A RAG reivindicou na cerimonia o exemplo do filólogo e escritor e mais a presenza do galego en todos os ámbitos
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete