A alcaldesa da Coruña abre o ciclo de conversas sobre as mulleres cen anos despois de Emilia Pardo Bazán

12/03/21 |
As seguintes convidadas serán Marilar Aleixandre, Susana Seivane, María Xosé Porteiro, Imelda Capote, Rosa Martínez, María de la Cámara e Soledad Penalta

A Casa-Museo Emilia Pardo Bazán inaugura este xoves un ciclo de conversas con mulleres referentes en distintos ámbitos

9/03/21 |
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, abrirá este xoves o programa organizado polo Concello da Coruña en colaboración coa Real Academia Galega

Unha exposición mostra parte do legado documental de Luz Pozo Garza

8/03/21 |
A mostra, inaugurada cadrando coa celebración do Día da Muller, poderá verse na Biblioteca de Galicia ata o 9 de xuño

"O meu compromiso comigo está en escribir desde min. E eu son muller, miope e galega"

6/03/21 |
A Real Academia Galega publica o artigo presentado en 1991 por Xela Arias na mesa sobre mulleres e literatura do "Encontro de escritores galegos e portugueses". A autora das Letras Galegas 2021 critica no texto manifestacións da desigualdade no mundo literario e nos demais ámbitos da sociedade

Sarria abre o Ano Xela Arias cunha exposición no día do seu aniversario

5/03/21 |
A localidade natal da autora dedicaralle unha rúa e programará distintas actividades ao longo do ano co gallo das Letras Galegas 2021

A Academia inaugura a Primavera das Letras de Xela Arias no colexio vigués onde estudou a protagonista das Letras Galegas 2021

2/03/21 |
A institución presentou o proxecto dirixido ao público infantil no CEIP Sárdoma-Moledo nas vésperas do aniversario da protagonista do Día das Letras Galegas 2021. O acto contou coa participación da familia de Xela Arias e da comunidade educativa

Máis de 1.500 historias optan aos premios do IV Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal

1/03/21 |
Na categoría de adultos recibíronse máis de 700 contos; na xuvenil, preto de 500 e na infantil, uns 300. A resolución dos xurados farase pública despois da Semana Santa

Que inflúe na muda lingüística da mocidade?

26/02/21 |
O paso da educación primaria á secundaria e o mundo laboral son dous momentos chave no cambio do galego ao castelán, sinala un traballo publicado en 'Cadernos de Lingua' e realizado no marco do proxecto da RAG ‘O galego segundo a mocidade’

"A de quen comprende", o poema de Xela Arias para Rosalía

24/02/21 |
A protagonista das Letras Galegas 2021 foi unha das once mulleres poetas que renderon homenaxe á escritora no libro-cedé 'Daquelas que cantan'. Escoitamos a súa voz no Día de Rosalía

A RAG comparte "Xeliña fala galego" e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna

17/02/21 |
O relato escrito polo pai de Xela Arias en 1968 é unha reflexión sobre o que significa contar cunha lingua propia e as portas que abre na aprendizaxe doutros idiomas. O presidente da institución defende a súa transmisión xeracional como “unha riqueza que debemos celebrar, asegurar e potenciar”

Novas da Academia

Subscríbete