Arquivo | Información | Fondos | Servizos | Regulamento |
Arquivo da Real Academia Galega
O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe data da fundación da RAG, en 1906, e constitúe unha fonte fundamental para o coñecemento da historia da institución -organización, finalidades, traballo, conexión coa sociedade, etc.- e dos seus membros, e mesmo para a historia do país.
Conserva, asemade, arquivos persoais, de empresas, asociacións e institucións e, por ultimo, as coleccións formadas ou recibidas pola RAG.
De acordo coas medidas aprobadas polas autoridades para facer fronte á pandemia da covid-19, as persoas usuarias dos servizos de arquivo, biblioteca e hemeroteca deberán pedir cita previa a través dos correos electrónicos arquivo@academia.gal, biblioteca@academia.gal e hemeroteca@academia.gal, e no teléfono 981 20 73 08.
Enderezo: Rúa Tabernas, 11 15001 A Coruña
Contacto electrónico: arquivo@academia.gal