Fondos do Arquivo da Real Academia Galega


Consulta dos fondos
(ligazón externa a Galiciana)

Cadro de clasificación

O ARAG esta organizado en cinco grandes bloques:

  1. Institucional. As institucións déixannos ver o seu funcionamento a través da documentación que xeran e deste xeito coñecemos a súa organización, fins, actividades e obxectivos.
  2. Arquivos persoais. A Academia foi pioneira en ver a importancia destes fondos persoais que ofrecen unha valiosa fonte de información histórica, difícil de atopar fora destes conxuntos tan particulares. Conservamos ao redor de 90 fondos producidos por diferentes persoas e/ou familias. Practicamente todos os persoeiros da cultura galega dos séculos XIX e XX están presentes.
  3. Arquivos de empresas. En xeral son pequenos conxuntos e case sempre de empresas cativas pero non por iso de menor interese.
  4. Arquivos de Asociacións. Catro fondos compoñen esta agrupación: dous antigos A Academia Gallega e a Liga Gallega ambos de gran valor histórico, e dous modernos AELGA e Asociación Cultural 'O Facho' que son dous fondos moi significativos da cultura do momento.
  5. Coleccións reúnen tanto a documentación solta recibida pola RAG, como coleccións xa formadas e entregadas a Academia.

Doazóns. Toda persoa interesada en contribuír á ampliación dos fondos, pode facelo coa entrega de calquera tipo de documentos (fotografías, programas, carnés, carteis, follas soltas, recordatorios, escrituras, etc)

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h
Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h
Charla da campaña Toponimízate nas Neves
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h
Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h
Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén

Novas da Academia

Subscríbete