Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Xaime Isla Couto Santiago de Compostela, A Coruña, 24/10/1915 29/01/1999 Ramón Piñeiro López, Francisco Fernández del Riego e Isidro Parga Pondal Carlos Casares Mouriño Fina Casalderrey Fraga (22/11/2013 - ) Xaime Isla Couto (29/01/1999 - 25/04/2012) Joaquín Freire de Andrade y Valverde (30/11/1956 - 18/02/1972) José Baldomir Rodríguez (27/07/1941 - 01/02/1947) Indalecio Varela Lenzano (04/09/1905 - 20/06/1940) Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915 - Vigo, 2012), estudou o bacharelato en Vigo, onde se adheriu á Asamblea das Irmandades da Fala na Coruña e participou na creación do Grupo Autonomista, de Vigo. Xa durante a República, estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra pero as depuracións realizadas polo réxime xurdido tras a contenda civil non lle permitiu realizar o curso de prácticas e decidiu estudar Dereito, disciplina na que se licenciou na Universidade de Santiago de Compostela, e centrou os seus estudos na área económica. Exerceu como catedrático da Escola Industrial de Vigo e como asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo, de Zeltia e de Cementos Oural. Durante a República participou na fundación das Mocidades Galeguistas e tamén por aquelas datas formou parte dos equipos de traballo que o Seminario de Estudos Galegos levou a cabo por distintas vilas galegas, sendo o primeiro bolseiro desta institución na sección de Estudos Xurídicos, Económicos e Sociais. Foi director do Instituto de Estudos Económicos e Sociais da Fundación Penzol, onde dirixiu interesantes traballos sobre a economía industrial de Galicia. Xaime Isla Couto foi o primeiro que en Galicia se ocupou da novísima ciencia xurdida nos Estados Unidos que acadou un vigoroso desenvolvemento en Europa, a chamada “ciencia rexional”. O seu discurso de apertura de curso 1970-1971 na Escola Industrial de Vigo foi unha admirable síntese teórica dos fundamentos desta ciencia. Publicou interesantes artigos como “Algúns caraiteres da economía galega actual”, aparecido en Grial, 1952; “Los problemas financieros del desarrollo regional”; “Un plan de industrialización de la riqueza maderera gallega”, na Revista de Economía de Galicia; “Unha quintaesencia de Galicia”, “A globalización como marco para o estudio e desenvolvemento da economía galega”, relatorio pronunciado no Congreso de Economía de Galicia, celebrado en Santiago de Compostela en 1998; ou “O noso desafío cultural para o século XXI”, conferencia que pronunciou no Congreso A cultura no século XXI, celebrado en Santiago en 2001. Publicou ademais, no ano 1992, Construír Galicia. En xaneiro de 1999 ingresou na Real Academia Galega co discurso Economía, linguaxe e poder e respondeulle en nome da institución Carlos Casares Mouriño. Neste mesmo ano foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Vigo. |