'El mundo de Cunqueiro', por Vicente Risco

Neste pequeno ensaio escrito en castelán e atesourado no Arquivo da Academia, o polígrafo ourensán describe o orixinal universo narrativo do escritor de Mondoñedo.
Álvaro Cunqueiro dando lectura ao seu discurso de ingreso na Academia
Álvaro Cunqueiro dando lectura ao seu discurso de ingreso na Academia (21-04-1963)


Malia non estar datada a súa entrada, as referencias cronolóxicas que aparecen no texto permiten situalo nunha data posterior a 1958, momento da publicación d'O incerto señor Don Hamlet, e, por razóns obvias, anterior a 1963, ano da morte de Vicente Risco (Ourense, 1884-1963).

No seu ensaio, que se pode ler como un auténtico panexírico, Risco deixa patente a súa estreita afinidade coa concepción da literatura de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981), a quen define como un "mitógrafo excepcional", completamente alleo á corrente do realismo social imperante na época, e centrado na reescritura dos mitos cristiáns: "Cunqueiro apenas roza los mitos clásicos, grecorromanos, ni aun los de la India". Máis adiante, Risco recunca nesta mesma idea sinalando: "El pensamiento de Cunqueiro anda por los caminos arduos y difíciles que llevan al Santo Graal. Quiérese decir: está en el verdadero camino", e conclúe a súa alocución manifestando a súa completa identificación coa visión do mundo manifesta na literatura cunqueirá.

El mundo de Cunqueiro pódese descargar aquí.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete