‘Toponimia de Carballo’ indaga na orixe e no significado de máis de 350 nomes de lugares do concello bergantiñán

6/04/21 |
O Seminario de Onomástica edita un novo número da colección divulgativa Terra Nomeada asinado polo filólogo Fernando Cabeza Quiles. Todos os volumes poden consultarse en liña na sección de publicacións de academia.gal

A Academia estrea a serie documental 'Xela Arias. A palabra esgazada' e as micropezas 'Onde canta a poeta'

5/04/21 |
O primeiro capítulo da serie documental, centrado nas raíces da homenaxeada, xa pode verse en academia.gal e nas redes sociais da RAG. Os demais episodios estrearanse cada martes ata a semana previa ao Día das Letras Galegas. As micropezas emitiranse de mércores a luns

A Banda da Loba presenta nun videoclip o primeiro tema do seu disco de homenaxe a Xela Arias

30/03/21 |
O álbum inclúe catro temas, cada un deles baseado nun dos poemarios da protagonista das Letras Galegas 2021

O pleno da RAG elixe o historiador Lourenzo Fernández Prieto académico de número

27/03/21 |
Na mesma sesión oficializouse a finalización do mandato de Víctor F. Freixanes. Comeza agora o proceso que conducirá á elección da nova comisión executiva nun prazo máximo de tres meses

A Academia e a Xunta renovan o convenio de colaboración

26/03/21 |
As achegas do Goberno galego apoiarán, entre outras liñas, os traballos relacionados co patrimonio lexicográfico e a toponimia de Galicia e potenciarán a renovación dixital da institución

A RAG reclama que Patrimonio Nacional difunda na Rede e con acceso libre os códices das 'Cantigas de Santa María' custodiados no Escorial

24/03/21 |
A institución realiza a solicitude cadrando co 800 aniversario do nacemento de Afonso X o Sabio, poeta en galego a quen se lle debe un dos monumentos máis senlleiros da cultura europea da Idade Media

A Real Academia Galega lamenta o pasamento do expresidente Xosé Ramón Barreiro Fernández

17/03/21 |
O historiador foi un destacado especialista na vida política e social do século XIX e na historia cultural e institucional do país. Presidiu a Real Academia Galega entre 2001 e 2009, nun período fundamental para a dixitalización dos fondos da institución

O congreso "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" afondará no legado da autora dan man de especialistas internacionais

16/03/21 |
O encontro comezará na Real Academia Galega os días 25, 26 e 27 de outubro e continuará o 28 e o 29 na Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega

A RAG celebra na semana do Día da Poesía os versos de Xosé Luís Franco Grande

15/03/21 |
A institución réndelle homenaxe levando a súa poesía á Rede nunha serie de minipezas audiovisuais. As herdeiras do académico doan á RAG un dos escasísimos exemplares da primeira edición facsimilar do Pergamiño Vindel, un agasallo da poeta e académica Xohana Torres a Xosé Luís Franco Grande

A Academia celebrará o Día das Letras Galegas de Xela Arias en Vigo e producirá contidos audiovisuais sobre a autora

12/03/21 |
Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas pronunciarán as alocucións académicas do pleno extraordinario do 17 de maio. A RAG estreará na Rede unha serie documental de seis episodios breves e programará tamén micropezas audiovisuais con distintas olladas á figura e á obra da autora

Novas da Academia

Subscríbete