1 de 6
2 de 6
3 de 6
4 de 6
5 de 6
6 de 6
Sobre a Biblioteca da Real Academia Galega
FONDOS
A colección da Biblioteca da Real Academia Galega arranca en decembro de 1905 con doazóns feitas por membros da institución ou tamén polos propios autores que foron remitindo as súas obras. Dada a súa rareza, é salientable a importante colección de folletos -monografías de menos de 50 páxinas- editada pola comunidade galega en América e mais polo tecido asociativo co que se contaba en Galicia a comezos do século XX. Xa en 1919, o Ministerio de Hacienda e a Real Academia de la Historia doaron parte da Biblioteca do Convento de Montefaro, conformada polos fondos que lle foran expropiados aos monxes na desamortización, constituíndo hoxe o fondo máis antigo da Biblioteca da RAG. No mesmo ano, o herdeiro de Xosé Fontenla Leal doou a biblioteca de seu pai, iniciador e membro de honra desta institución, ademais dun excepcional bibliófilo galego. Posteriormente, a Biblioteca continuou medrando coa incorporación de bibliotecas individuais como a de Pardo Bazán, Manuel Murguía, Marcial de Adalid, Galo Salinas ou o fondo Luís Seoane.
TEMÁTICA
SERVIZOS
HORARIO
- Setembro a xuño
- De luns a xoves: 9:00 a 14:45 e de 16:30 a 19:45 horas.
- Os venres: 9:00 a 14:45.
- Xullo e agosto
- De luns a venres: 09:00 a 14:15 horas
- A RAG permanecerá pechada en horario de tarde os seguintes días:
4 de marzo e o 18 de marzo de 2019.
- A RAG permanecerá pechada os seguintes días:
1 de xaneiro, 5 de marzo, 19 de marzo, 18 e 19 de abril, 1 de maio, 17 de maio, 24 de xuño, 25 de xullo, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 decembro e do 23 ao 27 de decembro de 2019.
Axenda de actos Ver todos |
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia |
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h Charla da campaña Toponimízate nas Neves |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega