| A institución | Presentación | Historia | Organización | Seccións | Estatutos | Acordos | A sede | Prensa |
1 de 2
2 de 2
Seccións de traballo da Real Academia Galega
A Real Academia Galega consta de tres Seccións: Lingua, Literatura e Historia. Cada Sección constitúese en grupos de traballo ou Seminarios, tantos como conveñan ás características e á operatividade da Sección. O Seminario será responsable intelectual e administrativo ante a Presidencia da Academia e as institucións que financien actividades ou proxectos de investigación dese grupo de traballo, no que sempre ha figurar, non necesariamente como especialista, o Director (ou Coordinador) da Sección correspondente.
Sección de Historia
Creada en 1998.
Director: Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Desde a Sección de Historia trabállase e investígase sobre distintos aspectos relacionados coa historia da institución e de Galicia.
A Sección de Historia está composta polos seguintes membros numerarios: Rosario Álvarez Blanco, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Andrés Fernández-Albalat Lois, Manuel Rivas Barrós e Ramón Villares Paz.
Sección de Literatura
Creada en 1998.
Encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela.
Esta Sección está composta polos seguintes membros numerarios: Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana Yanes, Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Luz Pozo Garza, Manuel Rivas Barrós e Euloxio Rodríguez Ruibal.
Sección de Lingua
Director: Xosé Luís Méndez Ferrín
Na actualidade, na Sección de Lingua funcionan os Seminarios de Gramática, Lexicografía, Onomástica, Sociolingüística e Terminoloxía Galega.
Seminario de Gramática
Creado no ano 2000.
Coordinadora: Rosario Álvarez Blanco.
O Seminario de Gramática encárgase da elaboración de estudos gramaticais sobre a lingua galega.
Está composto polos seguintes membros numerarios: Rosario Álvarez Blanco, Darío Xohán Cabana Yanes, Xosé Luís Regueira Fernández, e polos seguintes membros correspondentes: Xosé Xove Ferreiro, Francisco Cidrás Escáneo e Ernesto González Seoane.
Seminario de Lexicografía
Creado en 1983.
Coordinador: Antón Santamarina Fernández.
O Seminario de Lexicografía encárgase da elaboración dos distintos dicionarios, da coorganización dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia.
O Seminario de Lexicografía está composto polos seguintes membros numerarios: Xosé Luís Axeitos Agrelo, Darío Xohán Cabana Yanes, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Ramón Lorenzo Vázquez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Antón Santamarina Fernández e Andrés Torres Queiruga.
Seminario de Onomástica
Creado no ano 2001.
Coordinador: Ramón Lorenzo Vázquez.
O Seminario de Onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito da onomástica, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia.
Está composto polos seguintes membros numerarios: Xesús Ferro Ruibal, Ramón Lorenzo Vázquez, Xosé Luís Méndez Ferrín e Antón Santamarina Fernández.
Seminario de Sociolingüística
Creado en 1990.
Coordinador: Francisco Fernández Rei.
No Seminario de Sociolingüística desenvólvense estudos que abranguen múltiples temas, como a elaboración de enquisas macro-sociolingüísticas, a análise de actitudes lingüísticas ou a medición das competencias lingüísticas.
Está composto polos seguintes membros numerarios: Xesús Alonso Montero, Víctor Fernández Freixanes, Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Margarita Ledo Andión. Os membros correspondentes que forman parte deste seminario son: Alba Nogueira López, Fernando Fernández Ramallo, Modesto A. Rodríguez Neira, Goretti Sanmartín Rei e Xosé Henrique Costas González.
Seminario de Terminoloxía Galega (TERMIGAL)
Creado en 1996.
Coordinador: Manuel González González.
Desde o TERMIGAL elabóranse vocabularios sobre linguas de especialidade e resólvense dúbidas de terminoloxía puntual.
Está composto polos seguintes membros numerarios: Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Fernández Rei, Xesús Ferro Ruibal e Manuel González González.
| Axenda de actos Ver todos |
| Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h Rosalía de Castro no século XXI |
| Destaques comentados |
| Unha palabra: Exilio Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. Ver máis |
| Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662) O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia. Ver máis |
| Un documento: O taller de Pondal A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán. Ver máis |
| Prensa:Actitudes respecto da cultura popular A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares. Ver máis |
| Unha peza: Machados de Ambroa Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín. Ver máis |
| | XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb] |
| | Boletín nº 371 O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb] |
| | Cadernos de Lingua nº 34 PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb] |
| | Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb] |


