Boletín RAG

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) foi o órgano oficial e científico da institución desde o 20 de maio de 1906 ata decembro de 1980, data en que se publicou o número 360. Vinte anos despois, no ano 2000, e xa con carácter anual, reanúdase a súa publicación co número 361. Ademais de dar conta das sesións, acordos e actividades da Academia, acolle nas súas páxinas traballos propios do seu ámbito de actuación. A presente dixitalización abrangue dende o número 1 (1906) deica o número 360 (1980), e os catro volumes da Colección de Documentos Históricos. Con isto preténdese pór a disposición do público unha colección completa de difícil acceso, ao mesmo tempo que se quere contribuír a difundir un mellor coñecemento da longa existencia da Real Academia Galega e das súas achegas á cultura do país.
Nesta páxina está consultable o histórico de Boletíns da RAG

Cadernos de Lingua

Os Cadernos nacen no primeiro semestre de 1990 coa aspiración de promover a investigación científica sobre a lingua galega, así como de divulgar aspectos lingüísticos que son de interese para os estudosos e para a sociedade en xeral. Hoxe por hoxe, os Cadernos constitúen un foro de debate onde se abordaron, e se continúan a abordar, cientificamente cuestións de importancia para o futuro da lingua galega como a fixación da terminoloxía, a definición da variedade culta, o coñecemento da situación lingüística de Galicia ou as posibles estratexias de normalización. Deste xeito, esta revista contribúe ao estudo e á reflexión sobre os problemas lingüísticos e á plena normalización da lingua galega.
Nesta páxina están todos os Cadernos cos seus PDFs asociados

Discursos

A publicación dos discursos iníciase en 1906 coa edición da lectura que o académico Leandro Saralegui Medina ofreceu o 30 de setembro de 1906 na solemne inauguración da Real Academia Galega. Estas publicacións continúan nos nosos días dando cabida aos discursos lidos en actos de natureza diversa.
Aquí pódense consultar os Discursos

Publicacións de Historia

Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Historia.

Publicacións de Lingua

Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Lingua.

Publicacións de Literatura

Poden consultarse aquí as publicacións da Sección de Literatura.

Outras publicacións

Todas as publicacións que non teñen cabida nos anteriores epígrafes poden consultarse aquí

Publicacións totais

A totalidade das publicacións da RAG pode consultarse nesta páxina.

Publicacións da Casa Museo Emilia Pardo Bazán

La Tribuna. Cadernos de estudios da Casa Museo Emilia Pardo Bazán pode descargarse nesta páxina.

Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]