Imaxe do Pleno actual reunido na sala de consulta da Academia.

1 de 3
O Académico de Honra John Rutherford durante o seu discurso de recepción, o 4 de outubro de 2008.

2 de 3
Acto de recepción de tres Académicos Correspondentes: Carlos Xesús Varela Aenlle, Héctor M. Silveiro Fernández, Felipe Lubián Lubián e Domingo Frades Gaspar.

3 de 3

Órganos de goberno e as súas funcións

Pleno
Está constituído polos trinta membros de número e é o encargado de tomar as decisións últimas que afectan á Real Academia Galega.
 
Comisión Executiva
Está constituída polo presidente, o secretario, o tesoureiro, o arquiveiro-bibliotecario e o vicesecretario. Actúa por delegación do Pleno e encárgase de exercer o goberno da institución e de establecer a orde do día das Xuntas. A actual Comisión Executiva foi elixida o día 23 de xaneiro de 2010.
 
Presidente
Convoca e preside as reunións, ademais de representar a institución en toda clase de entidades. O actual presidente da institución é Xesús Alonso Montero.
 
Secretario
Encárgase de redactar a acta de cada sesión e da memoria anual da Academia, ocúpase da correspondencia e do seu rexistro, e substitúe o presidente na súa ausencia. O actual secretario da institución é Henrique Monteagudo Romero.
 
Tesoureiro
Responsabilízase do patrimonio e da contabilidade da institución. O actual Tesoureiro da institución é Rosario Álvarez Blanco.
 
Arquiveiro-bibliotecario
Encárgase de velar pola conservación e ordenación de libros, manuscritos e documentos da institución, así como de coordinar a adquisición de fondos bibliográficos e documentais. O actual arquiveiro-bibliotecario da institución é Margarita Ledo Andión.
 
Vicesecretario
Substitúe o secretario en ausencia deste e auxilíao en todas as funcións que este lle encomende. O actual vicesecretario da institución é Andrés Torres Queiruga.
 
 

Membros que compoñen a Academia

 
De número
Os trinta membros de número que contempla o esquema organizativo da Real Academia Galega teñen a obriga de residir no territorio do dominio lingüístico galego, son elixidos polo Pleno e gozan de todos os dereitos e teñen todas as obrigas sinaladas nos Estatutos e no Regulamento.
 
De honra
O nomeamento de membro de honra recae naquelas persoas que teñan prestado relevantes servizos á nosa cultura nos campos dos que se ocupa a institución.
Correspondentes
O compromiso de residencia non afecta aos sesenta membros correspondentes que, elixidos polo Pleno, poden participar nas tarefas científicas e sociais da institución pero non nos seus órganos de goberno.
Axenda de actos Ver todos
Venres 24 de maio de 2013 / 20:00 h
Presentación de Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Laudamuco señor de ningures (1977)
Laudamuco, señor de ningures, é a obra coa que se dá a coñecer Roberto Vidal Bolaño.
Ver máis
Un documento: Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego
Documentos ao redor d´A Fonte do xuramento, obra inaugural da literatura dramática en galego.
Ver máis
Prensa: Jesús Rodríguez López e as 'supersticiones de Galicia'
A prensa recolleu a polémica causada pola publicación dos Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (1895) de Jesús Rodríguez López.
Ver máis
Unha peza: Compañía de Teatro Luís Seoane
A Compañía de Teatro Luís Seoane foi o grupo pioneiro no establecemento dunha compañía residente na Coruña.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]