Visita do alumnado do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol

Por segundo ano consecutivo, o alumnado deste instituto bonaerense visitou a Academia co fin de coñecer mellor as súas instalacións, historia e funcionamento.

'Fóra de portas', a biografía de Roberto Vidal Bolaño

O escritor, músico e dramaturgo compostelán, Roi Vidal Ponte, analiza neste libro a traxectoria vital, artística e intelectual de Roberto Vidal Bolaño, protagonista do Día das Letras Galegas 2012.

Hai unha illa loubada, de Álvaro Cunqueiro

Nesta peza, tirada do poemario Cantiga nova que se chama riveira, o autor mindoniense actualiza a tópica amorosa da lírica medieval galego-portuguesa con recursos propios da Vangarda.

Manuel Rivas, premio Celanova, Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez recoñece deste xeito o labor en defensa e promoción da cultura galega do escritor e xornalista coruñés, membro de número da Academia desde o 2009.

Dispoñible o novo número de 'Cadernos de Lingua'

A paisaxe lingüística compostelá e o xeito de acentuar os neoloxismos incorporados ao galego son algúns dos temas tratados neste novo número, o 35 da colección.

Finou o membro correspondente Manuel Lucas Álvarez

Profesor de Historia especializado en Paleografía e membro correspondente da Academia desde 1955, Manuel Lucas Álvarez (1917-2014) foi tamén reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

'Cruceiro', de María Mariño

Na poesía de María Mariño (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) a visión da mística paisaxe atopa a súa expresión en formas que adoito superan os límites da sintaxe.

Clausura da XXVII edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galega

Durante o acto, os 64 alumnos procedentes de 22 países recibiron o diploma que acredita os seus coñecementos nos niveis de iniciación, medio e superior en lingua e cultura galega.

Novo enderezo virtual da Academia

A partir das 24 horas do 24 de xullo, o novo enderezo virtual da Academia será academia.gal.

80 aniversario da recepción de Villar Ponte e Castelao na Academia

O 24 e 25 de xullo de 1934 ingresaban na Academia dúas figuras senlleiras no panorama cultural e político galego da época: Antón Villar Ponte e Castelao.
Axenda de actos
Neste momento non hai eventos programados.

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

PDF [0,5 Mb]
 

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar
 

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 372, dedicado a Lois Pereiro

Boletín da Real Academia Galega nº 372

PDF [3,4 Mb]

Cadernos de Lingua nº 35

PDF [8,5 Mb]

Imaxe de portada da Cartografía dos Apelidos de Galicia

Cartografía dos Apelidos de Galicia

Consultar aquí.