Acto central do Día das Letras Galegas

Na sesión plenaria extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela, a Academia rendeulle homenaxe pública ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, figura central na construción do teatro galego moderno.

Fror de romeiro, de Francisca Herrera Garrido

A poeta, narradora e membro de número da Academia, Francisca Herrera Garrido, (A Coruña, 1869-1950) amosa nas súas composicións líricas unha clara influencia de Rosalia de Castro, autora á que considera a súa mestra.

Presentación de 'Roberto Vidal Bolaño. Acoutacións e diálogos. Antoloxía'

O libro, unha escolma de textos introdutorios seleccionados por Camilo Franco, será publicado por La Voz de Galicia o vindeiro 17 de maio.

Visita de Manuel Vázquez á Academia

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, acompañado da deputada Carmen Gallego e do membro correspondente da Academia, Francisco Cerviño, expresou o compromiso do seu partido coa defensa da lingua galega.

Cara ao Día das Letras

Ademais da tradicional sesión plenaria pública da Academia, o vindeiro Día das Letras Galegas levaranse a cabo unha morea de actividades arredor de Vidal Bolaño por todo o país e alén das nosas fronteiras.

'Savonarola', de Cabanillas

Considerado o "poeta da raza" polos seus textos de celme patriótico e agrarista, Cabanillas cultivou tamén a evocación histórica ao xeito modernista como neste poema.

Publicación de 23 poemas postrobadorescos

Este importante achado, composto de varias pezas líricas de temática amorosa e relixiosa, certifica o uso literario do galego no século XV.

Entrevista a Xesús Alonso Montero

O presidente da Academia expón nesta entrevista, entre outras cuestións, a súa visión sobre o rol da Academia na sociedade galega de hoxe, a situación actual da lingua, a vixencia de Cantares Gallegos ou a importancia do legado de Roberto Vidal Bolaño.

Gonzalo Enríquez Veloso sobre Vidal Bolaño

Gonzalo Enríquez Veloso (A Coruña, 1985) é doutorando na UDC na área da Teoría da Literatura e Literatura Comparada, ademais de ser autor de varios documentais. Acaba de publicar o libro-DVD Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño (Galaxia, 2013), e dende maio estará dispoñible na TVG o seu último documental: Recuperando a Roberto Vidal Bolaño.

Dispoñible en liña 'A Edade do Ferro na Galiza'

Este libro do antropólogo ourensán Florentino López Cuevillas (1886-1958) foi publicado orixinalmente por entregas na revista Nós, e reeditado pola Academia en 1968, ano no que lle foi dedicado o Día das Letras Galegas.
Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]