Volver á páxina de selección de idiomas
     
 
Actualidade da Real Academia Galega
Volver

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS E PARA ESPAÑOIS DE FÓRA DE GALICIA 19 ANO (5-28 XULLO 2006)
24 de marzo de 2006.-

ORGANIZA:
REAL ACADEMIA GALEGA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
UNIVERSIDADE DE VIGO
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA


Director: Manuel González González

O TERRITORIO E OS FALANTES
O galego é a lingua propia de Galicia, un territorio situado ao NO da Península Ibérica. O galego é falado nas catro provincias que compoñen esta comunidade autónoma, así como por habitantes dos territorios limítrofes das provincias de Oviedo, León e Zamora. Dos case 3.000.000 de habitantes, hai máis de 2.000.000 que falan habitualmente o galego, aos que cómpre engadir case 1.000.000 de emigrantes dispersos por toda a Europa occidental, os EE.UU. e América do Sur, En Galicia tamén se fala o español, sobre todo nas cidades; esta lingua foise introducindo en Galicia ao longo da historia, e tivo ao seu favor o carácter oficial e o prestixio social. Na actualidade as dúas linguas son coñecidas pola inmensa maioría da poboación galega, e o galego, lingua maioritaria, atópase nun proceso bastante adiantado de normalización.
A situación legal da lingua galega
-O galego é lingua propia de Galicia.
-O galego é lingua oficial na Comunidade Autónoma de Galicia, o mesmo ca o español.
-Os poderes públicos teñen o deber de favorecer o coñecemento e utilización do galego.
-Todos os cidadáns galegos teñen o dereito de coñecer e de empregar o galego en todos os ámbitos da vida pública.
-O ensino do galego e do español é obrigatorio en todos os centros escolares.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Santiago de Compostela é a capital de Galicia, e atópase situado aproximadamente no centro do seu territorio.
O carácter do núcleo urbano de Santiago está marcado polo feito, metade histórico, metade mítico-relixioso do descubrimento do sartego do Apóstolo Santiago e o culto subseguinte creado ao seu redor.
O monumento por antonomasia da cidade é a súa catedral. De estrutura románica, atópase moi modificada por reformas posteriores, especialmente barrocas e neoclásicas. O Pórtico da Gloria, a fachada das Praterías, a do Obradoiro, sobresaen dentro do conxunto, así como as prazas que a rodean.
Na zona antiga da cidade hai outros monumentos importantes: Pazo de Xelmírez; mosteiros de San Martiño Pinario, de San Paio de Antealtares; conventos de San Francisco, Santa Clara, da Mercede; San Domingos de Bonaval (con dous museos no seu interior); colexios de Fonseca e de San Xerome (este último, actual sede do reitorado da Universidade de Santiago); Hospital Real, hoxe hotel, construído para atención dos peregrinos que acudían a Compostela.
A disposición medieval da zona vella está aínda ben diferenciada da zona moderna na que se produciu un crecemento incontrolado da cidade.
Santiago ten aceptables comunicacións co resto de Galicia, tanto por estrada coma por ferrocarril. As praias máis próximas atópanse a uns trinta minutos da cidade en automóbil.

ACTIVIDADES DO CURSO
O fin primordial do Curso será dar ao estudante a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua galega, están programadas leccións sobre a literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como excursións e visitas aos lugares de principal interese cultural e paisaxístico de Galicia.

Dentro dos cursos haberá distintos niveis:
-Un elemental, de iniciación á lingua galega. Para aqueles alumnos que desexen introducirse no coñecemento desta lingua. Os alumnos deste nivel serán distribuídos en dous grupos segundo o grao de comprensión da lingua, previa a realización dun test.
-Outro medio, destinado aos alumnos que xa cursaron o elemental, ou que posúan un coñecemento básico do idioma.
-Un curso superior de Filoloxía Galega.
-Un curso superior de Filoloxía Galega e tradución (en Vigo)

VIAXE E ALOXAMENTO
Santiago ten un aeroporto internacional, a dez quilómetros da cidade. Ten enlaces ferroviarios diarios con Madrid, e coa fronteira francesa de lrún-Hendaya. Desde Irún, e desde Madrid, hai ademais autobuses a Santiago.
Sen ningún compromiso, a secretaría dos Cursos facilita unha lista de pensións e casas particulares a aqueles alumnos que a soliciten.

Sen ningún compromiso, a secretaría dos Cursos facilita unha lista de pensións e casas particulares en Santiago a aqueles alumnos que a soliciten. Para os participantes no Curso superior de filoloxía e tradución a Universidade de Vigo pon ao servizo dos alumnos unha residencia universitaria en Vigo.

INSCRICIÓN E RECEPCIÓN

Poderanse inscribir todas as persoas que o desexen. Unicamente se esixe ter cumpridos 18 anos, e que a ficha e a cota de inscrición cheguen á Secretaria dos Cursos antes do día 1 de maio.
O importe da matrícula é de 200 euros, e nel están incluídos o dereito a clases, material didáctico, excursións, certificados etc. Deste importe, débense enviar en concepto de inscrición antes do 1 de maio 40 euros, á conta núm. IBAN ES20 0049 2584 9924 9433 5427 do Banco Santander Central Hispano (Cód. SWIFT:BSCHESMMXXX), r. Calderería, 54, Santiago de Compostela, facendo constar "Curso de galego" e o nome do remitente. Os 160 euros restantes pagaranse ao presentarse na Secretaría dos Cursos, en Santiago.

A recepción de alumnos farase na Secretaria do Curso. O seu enderezo é:
Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros
Instituto da Lingua Galega (Universidade)
Praza da Universidade, 4
15703 Santiago de Compostela
(España)

Os alumnos do Curso superior de Filoloxía e Tradución deberán presentarse o día 5 en Vigo, no seguinte enderezo:
Centro de Linguas. Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus das Lagoas. Marcosende
Universidade de Vigo

BOLSAS

A organización do Curso dispón de varias bolsas de estancia, por importe de 400 euros cada unha, cantidade que se considera suficiente para a estancia en Santiago durante o período de duración do curso. Os alumnos bolseiros estarán ademais exentos do pagamento dos 200 euros da matrícula.
Para solicitar estas axudas, o candidato debe enviar á Secretaría do Curso un currículum vitae, unha carta de presentación dun profesor de Universidade, e todos cantos datos considere de interese.

.......................

Le territoire et les sujets parlants
Le galicien est la langue propre de la Galice, une région situde au NO de la Peninsule Ibérique: cette langue est parlée par les habitants des quatre provinces (division administrative) qui composent cette région autonome, ainsi que par les habitants des territoires limitrophes des provinces d'Oviedo, Léon et Zamora. Sur près de 3.000.000 habitants, il y en a plus de 2.000.000 qui parlent habituellement le galicien. A ces derniers il faut ajouter presque 1.000.000 d'émigrants dispersés dans toute l'Europe occidentale, aux U.S.A. et en Amérique du Sud. En Galice on parle aussi l'espagnol, surtout dans les villes. L'espagnol s'y est imposé historiquement et jouit d'un caractère officiel et de prestige social. Actuellement les deux langues sont connues par l'inmense majorité de la population galicienne, et le galicien, langue majoritaire, se trouve dans un processus assez avancé de normalisation.
La situation legale de la langue galicienne
-Le galicien est la langue officielle dans la Communauté de Galice, de même que l'espagnol.
-II est du devoir des pouvoirs publics de favoriser la connaissance et l'utilisation du galicien.
-Tous les citoyens galiciens ont le droit d'employer le galicien dans tous les milieux de la vie publique.
-L'enseignement du galicien et de l'espagnol est obligatoire dans tous les centres scolaires.

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela est la capitale de la Galice. Cette ville est située approximativement au centre du territoire galicien.
Le caractère du centre urbain de Santiago de Compostela est marqué par la découverte, mi-historique, mi-mystique et religieuse, du Tombeau de l'Apôtre Saint Jacques et par le culte qui s'est développé autour de celui-ci.
La cathédrale est le principale monument de la ville. Celle-ci, de structure romane, a été fortement modifié par des réformes postérieures, surtout de style barroque et néoclassique. Le portique de la Gloria, le portail des Praterías, la façade de l'Obradoiro sont particulièrement remarquables, ainsi que les places qui entourent la cathédrale.
La vielle ville posséde d'autres monuments importants: le palais de Xelmírez; le monastère de San Martiño Pinario, et celui de San Paio de Antealtares; les couvents de San Francisco, de Santa Clara, de la Mercede; Santo Domingo de Bonaval (qui abrite deux musées); les collèges de Fonseca et de San Xerome (ce dernier, actuel siège du Rectorat de l'Université de Santiago de Compostela); l'Hospital Real actuellement hôtel et qui fut construit en tant qu'hospice pour les pèlerins qui venaient à Santiago de Compostela.
La disposition médiévale de la vieille vílle est encore bien différenciée par rapport au centre moderne qui a subi un développement incontrôlé.
Santiago de Compostela offre de bonnes voies de communication qui la relient au reste de la Galice, aussi bien par route que par chemin de fer. Les plages les plus proches se trouvent à environ trente minutes de la ville, en voiture.


Activités du cours

Le principal objectif de ce cours est d'offrir aux étudiants la possibilité de se familiariser avec le galicien et la réalité socio-culturelle de la Galice. En plus des cours théoriques et pratiques de langue galicienne, le programme comprend des conférences sur la littérature, l'histoire, la géographie; l'art, etc., de la Galice ainsi que des excursions et des visites aux sites les plus intéressants, soit du point de vue culturel, soit du point de vue du paysage.
Les cours seront divisés en trois niveaux différents:
-Un niveau elementaire d'iniciation á la langue, pour les élèves qui souhaitent s'incorporer à la connaissance de cette langue. Les élèves de ce niveau seront distribués selon le degré de compréhension de la langue, après réalisation d'un test.
-Un niveau moyen destiné aux élèves qui ont déjà réalisé le cours élémentaire ou qui possèdent des connaissances minimales du galicien.
-Un cours supérieur de philologie galicienne.
-Un cours supérieur de philologie galicienne et traduction (à Vigo).

Voyage et logement
Santiago de Compostela possède un aéroport international à dix kilomètres de la ville. Il-y-a des trains qui relient la ville à Madrid et à la frontière française de lrun-Hendaya. En outre, un service d'autobus journalier est assuré à partir d'Irun et de Madrid, en direction de Saint-Jacques de Compostelle.
Pour le logement et sans aucun engagement, le secrétariat des cours peut founir une liste de pensions et de maisons particulières à Santiago aux étudiants qui le souhaitent. L'Université de Vigo offre aux étudiants du Cours supérieur de philologie e traduction la possibilité d'utiliser une Residence Universitaire à Vigo

lnscription et accueil.
Le montant de l'inscription est de 200 euros, y sont inclus les cours, le matériel didactique, les excursions, les certificats, etc. Il est obligatoire d'envoyer, comme acompte, 40 euros avant le 1 mai au compte IBAN ES20 0049 2584 9924 9433 5427 du banc Santander Central Hispano (Cod. SWIFT:BSCHESMMXXX), r. Calderería, 54, Santiago de Compostela. Les 160 euros restants devront être payés à l'arrivée à Santiago, au Secrétariat des cours.
L'inscription est ouverte à toutes les personnes intéressées. La seule condition nécessaire est d'avoir plus de 18 ans et de faire parvenir la fiche et l'acompte au Secrétariat des cours avant le 1 mai.
L'accueil des étudiants aura lieu au Secrétariat des cours, à l'adresse suivante:
Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros
Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago)
Praza da Universidade, 4
15703 Santiago de Compostela
(España)
L'accueil des étudiants du cours supérieur de philologie galicienne et traduction aura lieu à l'adresse suivante:
Centro de Linguas. Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus das Lagoas. Marcosende
Universidade de Vigo. Vigo (Pontevedra)

Bourses
L'organisation du Cours dispose de plusieurs bourses de séjour, d'un montant de 400 euros chacune, somme jugée suffisante pour le séjour à Santiago pendant la période des cours. Les étudiants boursiers seront, en outre, dispensés du paiement des 200 euros d'inscription.
Si vous souhaitiez obtenir l'une de ces bourses, vous devez envoyer au Secrétariat des Cours un curriculum vitae, une lettre de présentation d'un professeur d'Université, ainsi que tous les renseignements que vous jugiez utiles.
 

......................

The land and the language

Galician is the native language of Galicia, a country in the North West of Spain. Galician is spoken by the inhabitants of the four provinces which compose the unit of Galicia and also by some of the neighbouring areas of Oviedo, León and Zamora. Over 2 million of Galicia's nearly 3 million inhabitants habitually speak in Galician, as well as nearly 2 million emigrants scattered throughout Western Europe, the U.S.A. and South America.
Spanish is also spoken in Galicia, particularity in tows. Spanish was gradually introduced and privileged over the centuries, becouse of official status and social prestige. Currently, both languages are familiar to the great maority of the population, and the normalization of Galician is well avanced.
The legal position of Galician
-Galician is the native language of Galicia.
-Galician is one of the two official languages of the Comunidade Autónoma de Galicia, along with Spanish.
-Public authorities have the duty to promote the use of Galician.
-Every citizen of Galicia has the right to be acquainted with Galician and to use Galician in all spheres of public life.
-The teaching of both Galician and Spanish is compulsory in all schools.

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, the capital, is located aproximately at the heart of Galicia. The city centre took form as a result of the discovery, half-truth half-religious myth, of its sarcophagus. The most interesting building from an architectural point of view is the Cathedral. Though mainly Romanesque in style, it had major additons over the centuries, chiefly Baroque and Neoclassical. Some of its most striking components are the Portico, the South door leading on the Praza das Praterías, and the West face, the Obradoiro. The squares surrounding the building are also worthy of note.
Other important buildings in the old town include the Pazo de Xelmírez; the monasteries of San Martíño Pinario and San Paio de Antealtares; the convents of San Francisco, Santa Clara and A Nosa Señora das Mercedes; the formerly convent of Santo Domingo de Bonaval, which now housing two museums; the colleges of Fonseca and San Xerome (this latter now houses the central administrative services of the University of Santiago); and the Hospital Real, which has become a hotel, althoug it was originally built to attend the pilgrims who flocked to Santiago. The well preserved plan of the old town contrasts with the uncotrolled growth of the modern city.
Santiago is well connected with the rest of Galicia by road and rail. The nearest beaches are a 30 minute drive away.

Courses activities


The main aim of the course is to give the student the opportunity to acquire familiarity with Galician and its sociocultural situation. Apart from Galicia lessons, lectures on the literature, history, geography, art and other aspects of Galicia have been programmed, together with excursions and visits to places of chief cultural and scenic interest.

The course distinguishes three different levels

-An Elementary level, the purpose of which is to introduce Galician language for those students who have no previous knowledge of this language.
-An Intermediate level for those students who have already acquired some ability in the language.
-An Advanced Course on Galician Philology.
- An Advanced Course on Galician Philology and translation (in Vigo).

Travel and accomodation


Santiago has an international airport 10 km away from the city centre and daily train services linking the city with Madrid and with the Franco-Spanish frontier at Irún. A free list of Boarding houses and collaborating private homes in Santiago is available on request from the Course Secretary. The University of Vigo offers campus accommodation in Vigo to students of the Advanced Course on Galician Philology and Translation.

Inscription and reception


The Courses are open to all persons aged 18 years and over who wish to attend, provided that their inscription card and advanced booking fee are received by the Course Secretary before May 1th (to bank account number IBAN ES20 0049 2584 9924 9433 5427 at Banco Santander Central Hispano (Cod. SWIFT:BSCHESMMXXX), r. Calderería, 54, Santiago de Compostela). The inscription fee, 200? covers all lessons, required clas material, excursions and certificates of attendance, etc. The advanced booking fee, of 40 euros, should be sent before May 1th, and the remaining 160 euros should be paid to the Course Secretary on arrival in Santiago.
Students will be received in the offices of the Course Secretary at the following address:
Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros
Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago)
Praza da Universidade, 4
E-1 5703 Santiago de Compostela
SPAIN
Students of the Advanced Course on Galician Philology and Translation (in Vigo)will be received at the following address:
Centro de Linguas. Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus das Lagoas. Marcosende
Universidade de Vigo. Vigo (Pontevedra)

Grants
A limited number of 400 euros grants are available. This sum is considered sufficient to cover living expenses in Santiago during the Course, and the recipients of fhese grants will also be exempt from the payment of the 200 euros course fee. To apply for these scholarships, please send your Curriculum vitae to the Secretaria of fhe Course. Please also enclose a reference letter by a teacher of your University and all other personal and academic details you may consider of interest.

Para calquera información complementaria diríxanse a:

Secretaría de Cursos de Galego para estranxeiros
Instituto da Lingua Galega
(Universidade de Santiago)
Praza da Universidade, 4
E-15703 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 563 100, ext. 12811 - 12816.
Para chamadas de fóra de España débese marcar o: 34-981-563100, ext. 12811 - 12816
E-mail: ilgcurso@usc.es ou fg251051@usc.es
Fax: 34-981 -572770
Para información sobre o Curso superior de Filoloxía galega e Tradución (en Vigo) pódense dirixir a:
 alorenzo@uvigo.es



 Tarxeta de inscrición (Descarga)