O día 11 de marzo de 2010 es27mares@yahoo.com escribiu:
Estou lendo uns poemas de Novoneyra e non atopo o significado en castelánde algunhas palabras como:TARAMOUCO, CABORCOS E POXAS.¿Podedesmelo mandar? Moitas grazas por anticipado.
O día 12 de marzo de 2010 Daniel Méndez O'Donnell escribiu:
Resposta a MARES:
En Novoneyra, TARAMOUCO ten que ser un monte rocoso, onde se ve máis pedra ca vexetación.
CABORCO (que hoxe se escribe máis ben con v, cavorco) é un barranco, unha valgada fonda.
POXA en lingua xeral é unha venda pública a quen máis dea, ou a oferta que se fai para mercar nela. Pero nun poema de Novoneyra POXAS será seguramente ramallada, conxunto de garabullos ou de ramiñas ou flairas delgadas. Tamén puidera ser unha especie de chanzo ou repisa saliente para subir por un valado, por unha parede ou pola ladeira dun monte. Había que ver o contexto.
Por raras que parezan, a maioría das palabras que hai nos poemas de Novoneyra pódense consultar escribindo "dicionario de dicionarios" en google e consultano esa magnífica obra de compilación, coordinada polo profesor e académico Antón Santamarina.
O día 17 de maio de 2010 G escribiu:
.. Fai falla crear un link para poder colgar esta informacion en redes sociais coma Facebook ou twiter para darlle difusion a este dia e este poeta!!!
E urxente a modernizacion da academia entre a xente mais nova!!
O día 20 de maio de 2010 jose barreira llanes escribiu:
esto é unha merda
Mensaxes da 1 ata a 4
Ti tamén podes enviar a túa mensaxe. Para iso só tes que encher o formulario: