Novas na categoría lingua.

Dispoñible en liña o novo 'Cadernos de Lingua'

Cadernos de lingua nº 34 contén cinco artigos de investigación lingüística e dúas recensións sobre dúas publicacións de actualidade.

Presentación na Academia do 'Dicionario de alimentación'

Esta obra, un glosario de máis de 3500 termos traducidos ao castelán e o inglés, pretende contribuír á normalización do uso do galego no ámbito da hostalaría.

Dispoñible en liña o 'Dicionario de alimentación e restauración'

Este dicionario trilingüe -en galego, castelán e inglés- reúne máis de 3000 termos da nosa linguaxe gastronómica e culinaria.

Primeiro dicionario galego de termos xurídicos

O Dicionario Xurídico Galego, editado conxuntamente por Xerais e a Xunta de Galicia, recolle arredor de 2.000 entradas procedentes dos ámbitos do dereito e a xurisprudencia.

XXV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros

Nos cursos, que terán lugar entre o 2 e o 27 do mes de xullo, están matriculados un total de 86 alumnos procedentes de 22 estados.

Asinado convenio de colaboración coa Fundación Barrié en materia de lexicografía

O acordo inclúe a renovación das ferramentas informáticas e o traslado do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega ás dependencias da Fundación Barrié na Coruña.

Agustín Fernández Paz e Xesús Alonso Montero, premios Losada Diéguez 2012

Dezaseis traballos presentáronse á modalidade de Ensaio e Investigación, e dezaoito obras á de Creación Literaria.

Xa dispoñible a última edición das 'Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego'

Atendendo á Lei de Normalización Lingüística, a Real Academia Galega posúe criterio de autoridade para establecer a normativa e ditaminar o uso correcto da lingua. A Academia cumpriu este mandato desde a primeira edición das Normas, en 1982, deica as últimas modificacións, no ano 2003.

Convócase o IX Premio Luisa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Os Servizos de Normalización Lingüística das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o IX Premio 'Luísa Villalta' a Iniciativas Normalizadoras.

Utilidades do Dicionario da RAG xa dispoñibles para Firefox e Chrome

Proxecto Trasno e Cabozo, dous colectivos sen ánimo de lucro dedicados a trasladar software libre á nosa lingua, veñen de incorporar o Dicionario da Real Academia Galega en liña nos navegadores Firefox e Chrome respectivamente, dous dos máis usados actualmente.
Axenda de actos Ver todos
Venres 24 de maio de 2013 / 20:00 h
Presentación de Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]