Novos comentarios destacados

O periódico monolingüe As burgas. Literatura e Arte, os termos xurídicos devindicar e devindicación e o libro Proezas de Galicia, entre os novos destaques comentados. 
Imaxe de portada do semanario As Burgas.
Imaxe da portada do semanario As Burgas.
 

Non hai dúbida ningunha de que o verbo devengar e o substantivo deverbal devengo son na súa forma, no seu significante, claros castelanismos que non contan con tradición na historia lingüística galega. O problema preséntase cando precisamos adoptar unha ou máis voces para designar os conceptos xurídicos que eses termos expresan. Ante esta situación, a RAG optou por acuñar unha nova proposta: devindicar e devindicación. Esta solución xa foi incorporada ao Dicionario da Real Academia Galega e ao Dicionario Xurídico Galego.

O compositor Marcial del Adalid y Gurrea naceu na Coruña, en 1826. Xunto con Andrés Gaos e Juan Montes, Adalid é o principal representante dun auténtico Rexurdimento musical galego. A filla do músico, dona María del Adalid, fixo unha xenerosa doazón á Real Academia Galega, no ano 1929, consistente nun grande e traballado armario do século XIX cun auténtico tesouro no seu interior: a biblioteca musical de seu pai.

No ano 1894 viu a luz en Ourense un novo periódico monolingüe: As Burgas. Literatura e artes. Os seus responsables eran moi conscientes do baleiro deixado pola desaparición d'O Tio Marcos d'A Portela ou d'A Monteira, e así o manifestaron nas páxinas da revista para salientar a necesidade dunha nova cabeceira en galego. Máis en concreto, eles explicaron que o motivo para publicar As Burgas era o de fomentar a afección por ler e escribir en galego, e tamén a divulgación da literatura feita na lingua do país. 

A familia Candeira procedía de Ponteareas, onde se dedicou ao negocio da madeira que lles permitiu acadar un alto nivel económico. A importancia do seu labor industrial ou mesmo os méritos intelectuais da familia non son, porén, o que levaron aos Candeira a formar parte da nosa historia. No veleiro de nome 'Constantino Candeira' fixo as súas prácticas de pilotaxe un rapaz de Rianxo, alumno da Escola náutica de Vigo...

No ano 1810 saía á luz Proezas de Galicia, a primeira obra de autor coñecido impresa en lingua galega. Eran os tempos da guerra contra o francés, e o combate non se exercía só coas armas. O propio autor da obra, José Fernández y Neyra, loitara ás ordes do Marqués da Romana, trasladando despois ao papel episodios históricos baseados nas súas propias experiencias.

Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]