Os 50 Días das Letras na Televisión de Galicia

Entre os pasados 17 de maio e 25 xullo, a televisión pública de Galicia emitiu diariamente un microespazo documental dedicado aos protagonistas do Día das Letras Galegas, ata completar un total de 50.
Imaxe da portada do programa Galicia letra a letra.Imaxe de portada do programa emitido pola TVG.


Galicia letra a letra foi o título escollido pola TVG para este proxecto no que cincuenta membros da Real Academia Galega, ben de número, ben correspondentes, disertaron durante un minuto sobre unha figura homenaxeada no Día das Letras Galegas ao longo da súa historia.

O programa, realizado en virtude dun convenio asinado coa Real Academia Galega, tivo como obxectivo contribuír a espallar o coñecemento da nosa cultura e a defensa da nosa lingua, e foi completado coa emisión dun documental o 25 de xullo titulado Letras de Galicia.

A continuación ofrecemos a relación dos vídeos emitidos ao longo destes cincuenta capítulos, a figura homenaxeada en cada cada un deles e o académico encargado da súa glosa:

Rosalía de Castro, por Luz Pozo Garza; Castelao, por Xosé Neira Vilas; Eduardo Pondal, por Méndez Ferrín; Francisco Añón, por Ana Isabel Boullón Agrelo; Manuel Curros Enríquez, por Xesús Alonso Montero; Florentino López Cuevillas, por Carlos García Martínez; Antonio Noriega Varela, por Xosé Henrique Monteagudo Romero; Marcial Valladares, por Antón Santamarina Delgado; Gonzalo López Abente, por Xosé María Lema Suárez; Valentín Lamas Carvajal, por Víctor Fernández Freixanes; Manuel Lago González, por Andrés Torres Queiruga; Xoán Vicente Viqueira, por Francisco Cerviño; Xoán Manuel Pintos, por Xosé Henrique Costas; Ramón Cabanillas, por Francisco Fernández Rei; Antón Villar Ponte, por Margarita Ledo Andión; Antonio López Ferreiro, por Pegerto Saavedra Fernández; Manuel Antonio, por Xosé Luís Axeitos Agrelo; Alfonso X, por David Mackenzie; Vicente Risco, por John Rutherford; Luís Amado Carballo, por Xoán Babarro Fernández ; Manuel Leiras Pulpeiro, por Xosé Luís Regueira Fernández; Armando Cotarelo Valledor, por Euloxio Rodríguez Ruibal; Antón Losada Diéguez, por Manuel Caamaño Suárez; Aquilino Iglesia Alvariño, por Gonzalo Navaza; Francisca Herrera Garrido, por Andrés Fernández Albalat; Ramón Otero Pedrayo, por Ramón Villares Paz; Celso Emilio Ferreiro, por Alba Nogueira López; Luís Pimentel, por Olivia Rodríguez González; Álvaro Cunqueiro, por Manuel Rivas Barrós; Fermín Bouza Brey, por Fernando Acuña Castroviejo; Eduardo Blanco Amor, por Craig Patterson; Luís Seoane, por Xosé Fernández Ferreiro; Rafael Dieste, por Salvador García-Bodaño; Xesús Ferro Couselo, por Francisco Cidrás Escáneo; Ánxel Fole, por Luís Manuel García Mañá; Trobadores da Ría de Vigo, por Manuel Lorenzo; Roberto Blanco Torres, por Fernando López-Acuña; Manuel Murguía, por Xosé Ramón Fernández Barreiro; Eladio Rodríguez, por Manuel González González; Frei Martín Sarmiento, por Héctor M. Silveiro Fernández; Antón Avilés de Taramancos, por Dolores Sánchez Palomino; Xaquín Lorenzo, por X. Manuel González Reboredo; Lorenzo Varela, por Fausto Galdo Fernández; Manuel Lugrís Freire, por Xesús Ferro Ruibal; María Mariño, por Rosario Álvarez Blanco; Xosé María Álvarez Blázquez, por Darío Xohán Cabana Yanes; Ramón Piñeiro, por Francisco Díaz-Fierros; Uxío Novoneyra, por Augusto P. Alberti; Lois Pereiro, por Xulio Ríos e Valentín Paz Andrade, por Bernardino Graña Villar.

Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]