25 de xullo, Alba de Groria

O coñecido discurso que Castelao pronunciou con motivo do Día Nacional de Galicia do ano 1948 foi a derradeira peza oratoria que o autor enunciou. 

Alba de groria é o discurso que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciou o 25 de xullo, Día de Galicia, do ano 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino desa capital. 

Porén, a significación deste discurso foi máis alá da circunstancia concreta en que se pronunciou e, hoxe en día, representa o ideario daquel movemento galeguista na diáspora. Ao mesmo tempo, Alba de groria dá a medida da inmensa capacidade política e oratoria do seu autor.

Os dous primeiros parágrafos deste discurso xa foran escritos un ano antes e forman parte do capítulo I do libro IV de Sempre en Galiza. No ano 1941, o Centro Gallego de Buenos Aires quixo homenaxear ao xa finado Castelao publicando a versión orixinal de Alba de Groria e mais unha tradución ao castelán de Eduardo Blanco Amor. Pódese descargar aquí a versión orixinal. 

Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]