Fanse 91 anos do nacemento do xornal Galicia
O 25 de xullo de 1922 saía do prelo o xornal Galicia: diario de Vigo, dirixido por Valentín Paz Andrade.
Imaxe da cabeceira do primeiro número do Galicia, o 25 de xullo de 1922.
Na portada do seu primeiro número, o novo xornal expuña os que habían ser os seus sinais de identidade gráficos: a cabeceira, co nome Galicia en grandes caracteres románicos deseñada por Castelao; unha caricatura do mesmo autor e un editorial redactado, nesta ocasión, por Valentín Paz-Andrade. Neste editorial facíanse explícitos os principios programáticos da nova publicación, nomeadamente: espírito independente, tendencia progresiva e defensa dos intereses galegos.
Ademais de Valentín Paz-Andrade na Dirección, o xornal vigués contaba con Manuel Lustres Rivas como Xefe de Redacción e cunha ampla nómina de colaboradores, entre os que destacaban o propio Castelao, que viña de abandonar o seu traballo como caricaturista en El Sol, Vicente Risco, Lois Peña Novo, Antón Villar Ponte, Roberto Blanco Torres, Basilio Álvarez ou Filgueira Valverde.
No primeiro número que reproducimos aquí, [PDF 1.5 Mb] o xornal atendía ás dúas cuestións informativas máis relevantes daquel momento: a Guerra do Rif contra Abd-El Krin e a folga dos mineiros en Asturias. Ademais disto, Roberto Blanco Torres facía referencia, na súa columna, ao libro Unamuno no que se disputaba a identidade do santo adorado en Compostela, Prisciliano ou Santiago; un elo máis dunha longa polémica que había chegar ata os nosos días.
A partir de 1923, a instauración da Ditadura de Primo de Rivera supón un importante atranco para as actividades do periódico vigués. Comeza, entón, unha etapa caracterizada pola censura, o secuestro de edicións e mesmo o encarceramento do seu director, Paz-Andrade, en 1924, por mor dun artigo no que reclamaba unha liña de tren que conectase Galicia con Francia, fronte á "óptica centralista", que pretendía reforzar as comunicacións con Madrid. (Castelao na luz e na sombra, 1982). A espiral represiva culminou en 1926 co peche definitivo do xornal.
| Axenda de actos Ver todos |
| Venres 24 de maio de 2013 / 20:00 h Presentación de Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla |
| Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h Rosalía de Castro no século XXI |
| Destaques comentados |
| Unha palabra: Exilio Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. Ver máis |
| Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662) O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia. Ver máis |
| Un documento: O taller de Pondal A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán. Ver máis |
| Prensa:Actitudes respecto da cultura popular A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares. Ver máis |
| Unha peza: Machados de Ambroa Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín. Ver máis |
| | XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb] |
| | Boletín nº 371 O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb] |
| | Cadernos de Lingua nº 34 PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb] |
| | Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb] |


