Literatura galega traducida ao sueco no século XIX
A chistera de Murguía, as traducións de Göran Bjorkman e o semanario 'A Monteira' encóntranse entre os novos comentarios destacados.

Tarxeta de visita do académico corresonpondente Göran Björkman.
A palabra anguria, tan difundida desde os anos vinte do século XX, non aparece na nosa literatura ata 1909, nun conto de Lugrís Freire, segundo indica o Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Cal sería a orixe real dun termo que, axudado inicialmente polo diferencialismo das Irmandades da Fala, chegou a suplantar case completamente o cultismo angustia?
Entre as primeiras pezas literarias galegas traducidas a unha lingua non romance, temos as publicadas en 1896 polo profesor da Universidade de Upsala, Göran Björkman. Trátase dunha colectánea de poetas ibéricos titulada Genljud Fran Hesperien (Ecos das Hespérides), editada pola Academia Sueca en 1896 e dedicada "Al excmo. Sr. Don Pedro del Prat, Marqués de Prat de Mantouillet".
A carta partida era un documento que constaba de dúas partes, unha a continuación doutra, nas que se reproducía un único texto. As partes separábanse cun corte en zigzag e, en cada unha, escribíanse, de maneira alterna, as letras A, B, C, etc. Deste xeito, para certificar a súa autenticidade, abondaba comprobar se, ao xuntar unha parte coa outra, casaban o corte e a orde das letras.
Entre os diversos periódicos escritos en galego que saíron do prelo durante as dúas últimas décadas do século XIX inspirados no exemplo d'O Tio Marcos d'A Portela, o lucense A Monteira salienta polo seu inequívoco compromiso coa lingua do país e polo seu apoio expreso á ideoloxía rexionalista.
Murguía, alma máter da Real Academia Galega. Logo de prescindir de incompletas introducións biográficas, neste comentario preténdese salientar o valor simbólico dun obxecto persoal do primeiro presidente da corporación que custodia a Colección RAG: unha das súas chisteras.
| Axenda de actos Ver todos |
| Xoves 27 de xuño de 2013 / 12:00 h Rosalía de Castro no século XXI |
| Destaques comentados |
| Unha palabra: Exilio Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. Ver máis |
| Un libro: Laudamuco señor de ningures (1977) Laudamuco, señor de ningures, é a obra coa que se dá a coñecer Roberto Vidal Bolaño. Ver máis |
| Un documento: Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego Documentos ao redor d´A Fonte do xuramento, obra inaugural da literatura dramática en galego. Ver máis |
| Prensa: Jesús Rodríguez López e as 'supersticiones de Galicia' A prensa recolleu a polémica causada pola publicación dos Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (1895) de Jesús Rodríguez López. Ver máis |
| Unha peza: Compañía de Teatro Luís Seoane A Compañía de Teatro Luís Seoane foi o grupo pioneiro no establecemento dunha compañía residente na Coruña. Ver máis |
| |
|
| | Boletín nº 371 O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb] |
| | Cadernos de Lingua nº 34 PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb] |
| | Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb] |


