A obra en prosa de Manuel Antonio inaugura a colección Clásicos da Academia
A obra completa, publicada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, recolle toda a produción en prosa do escritor rianxeiro.
Manuel Antonio. Obra completa. Prosa é o título da monografía que inaugura a colección "Clásicos da Academia", coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Fundación Barrié, pretende contribuír a paliar a ausencia de edicións críticas completas da obra dos nosos autores máis representativos, así como da súas publicacións aínda inéditas ou menos coñecidas.
Con este primeiro volume procúrase definir a liña editorial desta colección, que estará marcada, segundo o director xeral da Fundación Barrié, Javier López Martínez, "pola conxunción do rigor científico e o afán divulgativo". A este volume seguirán outros catro: o segundo e o terceiro recollerán o extenso epistolario do autor rianxeiro; o cuarto albergará a súa produción poética completa e o quinto dedicarase a describir a biografía de Manuel Antonio.
A colección, que terá carácter anual, achéganos, neste primeiro libro dedicado a Manuel Antonio, toda a produción en prosa -ficción, ensaio ou traducións- do literato que mellor soubo "certificar a compatibilidade entre modernidade e nacionalismo", segundo expón no seu limiar [PDF] o secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos Agrelo, secretario da Academia e editor da obra. Axeitos Agrelo expresou tamén a súa gratitude á Fundación Barrié por poñer á súa disposición todo o legado que atesoura dun poeta "que se moveu sempre nos límites e con afán de conquista".

Xosé Luís Axeitos Agrelo durante a presentación do libro.
| Axenda de actos Ver todos |
| Venres 24 de maio de 2013 / 20:00 h Presentación de Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla |
| Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h Rosalía de Castro no século XXI |
| Destaques comentados |
| Unha palabra: Exilio Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. Ver máis |
| Un libro: Laudamuco señor de ningures (1977) Laudamuco, señor de ningures, é a obra coa que se dá a coñecer Roberto Vidal Bolaño. Ver máis |
| Un documento: Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego Documentos ao redor d´A Fonte do xuramento, obra inaugural da literatura dramática en galego. Ver máis |
| Prensa: Jesús Rodríguez López e as 'supersticiones de Galicia' A prensa recolleu a polémica causada pola publicación dos Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (1895) de Jesús Rodríguez López. Ver máis |
| Unha peza: Compañía de Teatro Luís Seoane A Compañía de Teatro Luís Seoane foi o grupo pioneiro no establecemento dunha compañía residente na Coruña. Ver máis |
| | XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb] |
| | Boletín nº 371 O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb] |
| | Cadernos de Lingua nº 34 PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb] |
| | Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb] |


