Segundo a Lei de Normalización Lingüística, as autoridades promoverán un uso progresivo do galego no ensino.

1 de 10
Almanaque no Xardín de Méndez Núñez, na Coruña.

2 de 10
En Galicia, a información viaria ofrécese en galego e en castelán.

3 de 10
Sinalización viaria en galego preto de Rianxo

4 de 10
O proceso de normalización da lingua galega inclúe tamén as diversas campañas das entidades privadas.

5 de 10
A televisión pública de Galicia, TVG, é unha ferramenta imprescindible para a normalización da nosa lingua.

6 de 10
O sector gandeiro adoita facer uso do galego nas súas promocións.

7 de 10
O galego está presente tamén nas novas tecnoloxías da información e na Rede.

8 de 10
O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións galegas, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes de Galicia.

9 de 10
Un xeito lúdico de reinvindicar o uso do noso idioma na rúa mediante unha carreira popular: o Correlingua.

10 de 10

O galego na historia


O galego é a lingua románica propia da nacionalidade histórica de Galicia, onde é usada de xeito habitual por máis de dous millóns de persoas. Tamén é a lingua autóctona das zonas de Asturias, León e Zamora limítrofes con Galicia e dun pequeno territorio no noroeste Cáceres; zonas que, en conxunto, supoñen uns 75.000 falantes máis.

O galego é a evolución do latín falado no noroeste da Península Ibérica, onde entrou en contacto con outras linguas prerromanas. Este terirtorio conquistado por Roma constituíu unha das provincias romanas, a Gallaecia. En 417 fundouse na Gallaecia o primeiro reino europeo posterior á caída do imperio romano, o reino suevo, que durou ata o 586. O protorromance galego recibiu achegas dos pobos xermánicos e dos árabes. O galego como lingua romance de seu estaba constituída xa antes do século X, pero ata finais do século XII e comezos do XIII non apareceu a escrita en galego, que floreceu nestes século na prosa coma, pero, sobre todo, na poesía: os Cancioneiros galegos constitúen un dos repertorios poéticos medievais máis importantes do mundo.

No século XII, a parte sur do Reino de Galicia independizouse e deu lugar ao Reino de Portugal, mentres Galicia foi anexionada polo reino de Castela. A incomunicación entre o sur e o norte provocou que as variedades lingüísticas dun e outro territorio se fosen diferenciando, dando lugar a linguas diferentes: o portugués no sur e o galego no norte. 

No século XIX tivo lugar o Rexurdimento galego. Historiadores e literatos tomaron conciencia de galeguidade e trataron de espallala. A comezos do século XX fundouse a Real Academia Galega e en torno a ela xurdiron movementos lingüísticos, culturais e políticos que promoveron e trasladaron socialmente esta conciencia.

En 1936 aprobouse o primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. Ese mesmo ano, o golpe de Estado do xeneral Franco provocou unha guerra civil que instaurou unha ditaura que durou 40 anos e desencadeou unha longa represión política e cultural. Neste período (1936-1976), producíronse varios feitos que xogaron en contra do galego: extensión da escolarización obrigatoria (en castelán); popularización dos medios de comunicación de masas (en castelán); adhesión da Igrexa Católica ao goberno da ditadura, coa exclusión total do galego nas prácticas relixiosas; migracións masivas do rural (galegofalante) ás zonas urbanas (desgaleguizadoras por desprestixio do galego); exclusión e prohibición do galego no mundo xudicial e administrativo, etc.

Anos despois de rematada a ditadura, en 1981, aprobouse un novo Estatuto de Autonomía de Galicia e, en 1983, a Lei de normalización lingüística de Galicia, esteos sobre o s que se baseou o proceso de recuperación e normalización da lingua galega. En 1985 inauguraron as súas emisións a TVG e a RadioGalega, televisión e radio públicas integramente en galego. O galego comezou un lento proceso de rehabilitación social que conduciu a unha conquista de amplos dereitos lingüísticos e de certos espazos simbólicos dos que tradicionalmente estaba ausente, pero que non logrou incrementar a súa presenza como lingua habitual da sociedade, onde se observa unha progresiva perda de falantes. 

Así e todo, o galego segue a ser hoxe a lingua habitual da maioría dos habitantes de Galicia e das comarcas veciñas onde é lingua autóctona. 

Axenda de actos Ver todos
Xoves 27 de xuño de 2013 / 12:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Laudamuco señor de ningures (1977)
Laudamuco, señor de ningures, é a obra coa que se dá a coñecer Roberto Vidal Bolaño.
Ver máis
Un documento: Francisco María de la Iglesia e o rexurdimento do teatro galego
Documentos ao redor d´A Fonte do xuramento, obra inaugural da literatura dramática en galego.
Ver máis
Prensa: Jesús Rodríguez López e as 'supersticiones de Galicia'
A prensa recolleu a polémica causada pola publicación dos Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (1895) de Jesús Rodríguez López.
Ver máis
Unha peza: Compañía de Teatro Luís Seoane
A Compañía de Teatro Luís Seoane foi o grupo pioneiro no establecemento dunha compañía residente na Coruña.
Ver máis

Logo da Academia



Versión do Dicionario RAG para Android

Utilidade compatible con teléfonos e "tablets" Android con versión de sistema 2.4 ou posterior

 



 

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]