Destaques Comentados Palabra Monografía Documento Prensa Peza  

A chistera de Murguía

A chistera de Murguía converteuse no verdadeiro sinal identificativo do seu dono.

Retrato de Villar Ponte, por Mariano Miguel

Este cadro é obra de Mariano Miguel, artista galego de nacionalidade cubana.

A bandeira de Curros

Historia da bandeira coa que foi cuberto o cadaleito de Curros.

O busto de Nóvoa Santos

Roberto Nóvoa Santos, persoeiro galego do primeiro terzo do século XX esquecido a mantenta por medo á represalia política nos tempos do franquismo.

Retrato de Rosalía de Castro, por Máximo Ramos

Retrato ao óleo realizado en 1914 que foi encargado e sufragado pola Asociación Iniciadora e Protectora da Academia na Habana, auténtico alicerce da institución académica na diáspora.

Machados de Ambroa

Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.

As derradeiras flores de Rosalía

No relicario de Rosalía gárdanse cabelo e flores recollidos no seu enterro.

Placa de Lugrís

Este ano celebramos 150 aniversario do nacemento de Lugrís Freire, unha das figuras sobranceiras do noso renacer cultural e cívico.

'A Fonte da Fábrica de Mistos' (1921) de Germán Taibo

Germán Taibo (1889-1919) foi un pintor galego de estilo impresionista que viviu a cabalo entre A Coruña, París e Buenos Aires.

Visor estereoscópico

O estereoscopio era un aparello que permitía obter imaxes en tres dimensións.

Sestercio de Nerva

Moeda romana dun sestercio pertencente á época do emperador Nerva, que gobernou entre o ano 96 e 98 da nosa era.

Segunda talla do mosteiro de Sobrado dos Monxes

Coa chegada da monarquía Borbónica, tivo lugar un proceso centralizador de inspiración francesa que afectou tamén ao mundo das Artes.

Man en xeso de Marcial del Adalid

Baleirado en xeso dunha man de Marcial del Adalid, un dos principais músicos e compositores galegos do século XIX.
Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]