Laudamuco señor de ningures (1977)

Laudamuco, señor de ningures , é a obra coa que se dá a coñecer Roberto Vidal Bolaño.

'Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia' (1662)

O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.

Estadeíña (1919)

Estadeíña, de Lugrís Freire, é un exemplo da concepción dramática do autor sadense e das Irmandades da Fala.

Leabar Gabala. Livre des Invasions (1884)

A lenda de Breogán é un dos relatos que se recollen no Lebor Gabála Érenn (o Libro da Conquista de Irlanda ou Libro das Invasións).

A corner of Spain (1910)

Este libro de viaxes do escritor inglés Walter Wood ofrécenos unha visión singular da Galicia de primeiros de século.

Memorias dun neno labrego (1961)

Memorias dun neno labrego marca un fito na literatura galega xuvenil.

Coloquio de 24 gallegos rústicos (1746)

Con esta obra Frei Martín Sarmiento recupera o uso literario para a lingua galega.

O Mariscal, traxedia histórica en verso (1926)

Esta peza, composta a catro mans por Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, dramatiza a execución de Pedro Pardo de Cela, O Mariscal, en 1483.

Genljud fran Hesperien (1896)

Neste libro, o académico correspondente Göran Bjorkman traduciu ao sueco poemas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Uxío Carré Aldao.

Cantares gallegos (1863)

Con esta obra consolídase o Rexurdimento literario en Galicia ademais de proporcionar a data de celebración do Día das Letras Galegas

Cen chaves de sombra (1979)

Esta obra contén parte dos poemas da etapa de iniciación de Paz Andrade na poesía.

Álbum de la Caridad (1862)

Está considerada a obra que marca o inicio do Rexurdimento literario en Galicia.

Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del (1551)

O licenciado malagueño Molina foi o autor, a mediados do século XVI, desta primeira gran descrición do Reino de Galicia.
Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]