Dicionario da Real Academia Galega Portada Características Guía de uso Abreviaturas Créditos

Características do Dicionario

Esta nova edición do Dicionario da Real Academia Galega segue no fundamental a mesma metodoloxía da edición de 1997. Podemos sinalar como principais novidades:

- A adaptación formal á reforma normativa aprobada pola Real Academia Galega o día 12 de xullo de 2003.
- O incremento cuantitativo do número de entradas. Pasouse dos vinte e cinco mil artigos lexicográficos da edición de 1997 aos cincuenta mil da edición actual.
- O aumento importante do número de acepcións e de fraseoloxismos en cada artigo lexicográfico.
- A reformulación do texto da definición das acepcións para facela máis precisa e natural. Agora podemos contar con cincuenta mil palabras para redactar unha definición, antes só con vinte e cinco mil.
- A importancia concedida aos córpora do galego na obtención de información sobre o uso e significado das palabras.

Para unha maior información pode baixar o documento da marxe dereita.
 
Características
(PDF, 375 Kb)