1 de 10
2 de 10
3 de 10
4 de 10
5 de 10
6 de 10
7 de 10
8 de 10
9 de 10
10 de 10
Arquivo da Real Academia Galega
O Arquivo da Real Academia Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades e conservada para a xestión, a información, a cultura e a investigación. A súa orixe data da fundación da RAG, en 1906, e constitúe unha fonte fundamental para o coñecemento da historia da institución -organización, finalidades, traballo, conexión coa sociedade, etc.- e dos seus membros.
Conserva, asemade, os arquivos que gardan a documentación persoal, familiar e profesional dos intelectuais que, co pasar do tempo, fixeron doazón dos mesmos á RAG. Entre eles destaca o de Emilia Pardo Bazán, que contén tanto os seus manuscritos literarios como unha sección patrimonial de grande interese. Tamén conserva a RAG os de Andrés Martínez Salazar, Murguía, Pondal e doutras figuras destacadas da historia cultural galega do último século.
Os arquivos de empresas, asociacións e institucións, aínda que en menor cantidade que os anteriores, tamén están presentes nos fondos da RAG.
As coleccións, recibidas, compradas ou producidas pola propia institución, compoñen a última sección dos fondos do Arquivo.
O acceso, tanto aos arquivos persoais, empresariais, de asociacións e institucións, como ás coleccións, é libre para investigadores e cidadáns en xeral, agás no caso de materiais que, polas súas características -rareza, conservación, etc.-, precisen a autorización da Comisión Executiva.
O Arquivo está rexido por un regulamento específico, pendente de aprobación polo Pleno, no que se establecen as normas de recepción, custodia, conservación e acceso relacionadas cos documentos.
A figura do arquiveiro-bibliotecario é a responsable da adquisición e conservación dos fondos tanto arquivísticos como bibliotecarios, así como de informar ao Pleno, conforme o artigo 28 dos Estatutos.
| Axenda de actos Ver todos |
| Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h Rosalía de Castro no século XXI |
| Destaques comentados |
| Unha palabra: Exilio Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. Ver máis |
| Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662) O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia. Ver máis |
| Un documento: O taller de Pondal A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán. Ver máis |
| Prensa:Actitudes respecto da cultura popular A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares. Ver máis |
| Unha peza: Machados de Ambroa Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín. Ver máis |
| | XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb] |
| | Boletín nº 371 O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb] |
| | Cadernos de Lingua nº 34 PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb] |
| | Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb] |


