Empresariais Institucionais Coleccións Arquivos persoais

 

Fondos empresariais

Fondo
Datas extremas / Contido
 
FENYA
XIX - XX / Recibos, patentes e compravendas.
 
Empresa de Transporte Público Vilalba-Ferrol
1937 - 1945 / Libro de caixa.
 
Antonio Sanjurjo Badía
XIX - XX / Libros de caixa, recibos e pedidos comerciais.
 
Samaniego
1937 - 1990 / Retratos fotográficos de estudo.
 
 

Fondos Institucionais

Fondo
Datas extremas / Contido
 
Xefatura Provincial de FET e das XONS de Pontevedra
Correspondencia, baixas laborais, actas, Sección Feminina, expedientes, eleccións municipais de 1951.
Acceso restrinxido.

Liga Gallega
1897 - 1907 Correspondencia e documentación referida ao monumento aos mártires de Carral.

Asociación de Escritores en Lingua Galega
[19--] - 2007 Paratextos de socios da AELG.
 
Agrupación Cultural O Facho
1963 - 2010 Correspondencia, actas de xuntanzas, expedientes de actividades e documentación relativa aos concursos literarios realizados pola asociación.
 

Coleccións

Fondo
Datas extremas / Contido
 
Colección pergamiños
1088 - 1756 Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.
 
Colección documentos históricos
1153 - 1920 Documentos soltos de tipoloxía variada e de orixe pública e privada en soporte papel.
 
Colección manuscritos e orixinais
1504 - 2005 Comprende obra manuscrita solta: discursos, estudos, cartas, obras literarias, prólogos, etc.
 
Colección de documentos impresos
1740 - 1990 Impresos soltos de moi diversa tipoloxía: edictos, proclamas, manifestos, accións antigas, facturas, carteis, tarxetas publicitarias, etiquetas, programas, circulares, envoltorios, etc.
 
Colección Jaime Ozores de Prado
1562 - 1916 Documentación patrimonial do Morgado de Guntín da familia Gayoso de Mendoza. Documentación das capitanías xenerais, comunicacións de diferentes deputados a Cortes, decretos e documentación de distintos ministerios.
 
Colección César Vaamonde
1661 - 1936 Documentación -na súa maioría- para expedientes de retiro de militares e  algunha de mosteiros e parroquias.
 
Colección Ramón Artaza
1332-1889 Documentación -pergamiños fundamentalmente- para a historia da vila de Muros.
 
Colección Xoán Gabeiras Vérez
1975 - 2000 Documentación de diferentes organizacións sindicais nacionalistas galegas.
 
Colección facticia  de tarxetas postais
1905 - 1950 Tarxetas postais. 2000 aprox. (Consulta previa cita telefónica)
 
Colección facticia de fotografías
1860 - 1980 Fotografías. 3000 aprox. (Consulta previa cita telefónica)
 
 

Arquivos persoais

Fondo
Datas extremas / Contido


Ezequiel Abente Lago
1833 - 1913 Documentación variada: fotografías familiares, certificacións académicas, facturas, apuntamentos, fragmentos de libros, recortes de prensa e diarios, etc. Todos eles referidos a temas biográficos e profesionais da súa vida.

Marcial del Adalid
1813 - 1881 (19--) Partituras manuscritas con obra de Marcial del Adalid e doutros autores.
 
Xavier Alcalá
1985 - 1998 Manuscritos de varias das súas novelas.
 
José Baldomir
1860 - 1941 Un discurso manuscrito, varias cartas e fotografías.
 
Fermín Bouza-Brey
Manuscritos literarios, refráns galegos e correspondencia.
 
Xavier Bóveda
1917 - 1963 Manuscritos e correspondencia.
 
Familia Brocos
Algúns debuxos e fotografías. Recortes de xornais e revistas.
 
Manuel Sánchez Peña
1909-1953 Correspondencia de Ramón Cabanillas.
 
Familia Calvet
Documentación patrimonial.
 
Luciano Caño
1919 - [1936] Partituras e manuscritos.
 
Eugenio Carré Aldao
1859 - 1932 Poesía manuscrita, correspondencia e unha antoloxía mecanoscrita de artigos de prensa sobre a historia da Coruña.
 
Leandro Carré Alvarellos
1918 - [antes de 1976] Manuscritos en galego reunidos por Leandro Carré na súa etapa na editorial Lar. Colección de poemas e contos para unha Antoloxía Galega.
 
Ricardo Caruncho
Manuscritos de obras teatrais.
 
Xohán Casal
1950 - 1959 Manuscritos literarios e correspondencia.
 
Manuel Casás
1867 - 1970 Manuscritos das súas obras e artigos, expedientes de causas como avogado, correspondencia particular e profesional, fotografías.
 
María Casás Torres
[19--] - 2000 Recortes de prensa e fotografías.
 
Sofía Casanova
1914 - 1964 Poemas e memorias manuscritas. Correspondencia.
 
Ángel del Castillo
1757 - 1959 Correspondencia, notas e manuscritos de Ángel del Castillo xunto con documentos de diversos persoeiros, entre os que destacan os referidos a Isidoro Brocos e á Escola de Belas Artes da Coruña.
 
Enrique Chao Espina
Manuscritos das súas obras e probas de imprenta. Notas, apuntamentos e estudos, fundamentalmente da comarca de Ortegal. Documentación biográfica e familiar. Tarxetas postais e fotografías.
 
Óscar Correa-Barceló
1970 - 1983 Colección de fichas manuscritas de heráldica e xenealoxía recompiladas por Óscar Correa-Barceló.
 
Manuel Curros Enríquez
[189?] - 1908 Manuscritos de poemas en castelán.
 
Marino Dónega
1969 - 2000 Miscelánea de Mariño Dónega.
 
Antonio Eulate Fery
1858 - 1952 Diarios de navegación, diplomas e oficios relativos ás condecoracións e méritos militares de Eulate, fotografías e follas de servizo, así como os expedientes e documentos xerados no seu paso polo Goberno Civil de Canarias entre 1910 e 1913.
 
Domingo García-Sabell
1971 - 2000 Expedientes de actividades realizadas por Domingo García-Sabell como membro da Real Academia Galega, especialmente sobre a súa participación nos xurados dos Premios Nacionais de Literatura. Ademais, hai algunha correspondecia oficiosa con diferentes persoas, borradores de artigos e fotocopias das súas colaboracións en La Voz de Galicia.
 
Salvador Golpe Varela
1791 - 1928 Documentación patrimonial. Un discurso manuscrito e dous impresos.
 
Familia González de las Riberas
XVII - XX Documentación patrimonial.
 
Augusto González-Besada Mein
1897 - 1918 Principalmente correspondencia con políticos e persoeiros da época. Documentación referida aos nomeamentos como ministro de varias carteiras, invitacións da Casa Real e a concesión dunha medalla. Tamén se conservan unhas galeradas, un manuscrito de artigos de prensa de Besada e un informe da Real Sociedade Española de Historia Natural elevado ao Ministro de Fomento.
 
Familia González López
1863 - 1889 (1904) Miscelánea de Francisco González López, concentrada ao redor do ano 1889.
 
Irmáns de la Iglesia
1589 - 1944 Manuscritos literarios, colección de poemas galegos manuscritos e impresos, estudos históricos e lingüísticos, documentación da revista Galicia e correspondencia de Antonio, Francisco, Benigno e Santiago de la Iglesia.
 
José Ibáñez Fernández
(1869) 1903 - 1967 Manuscritos, recortes de prensa, xornais, impresos e notas de José Ibáñez Fernández, xunto con algunha carta.
 
Manuel Leiras Pulpeiro
[1900 - 1912] Documentación de carácter persoal, correspondencia profesional, manuscritos literarios e traballos sobre folclore, literatura popular e lexicografía.
 
Francisco Lodeiro
1756 - 1916 Cartas, recibos e contas sobre a administración de negocios e bens.
 
Gonzalo López Abente
1917 - [1960] Poemas manuscritos e unha pequena autobiografía.
 
Juan López Soler
[1920 - 1954] Manuscritos das súas obras e algúns borradores de cartas.
 
Familia Loriga
1673 - 1963 Documentación patrimonial da familia.
 
Luís Manteiga
[193? - 1914] Manuscritos das súas obras teatrais, novelas, poemas e correspondencia.
 
Evaristo Martelo Paumán de Nero
1853 - 1928 Correspondencia e poemas manuscritos.
 
Familia Martínez de Insua
18-- - 1950 Documentos patrimoniais e profesionais.
 
Familia Martínez-Morás
1503 - 2001 Correspondencia, documentación persoal e profesional dos diferentes membros da familia. Destaca a de Andrés Martínez Salazar.
 
Fernando Martínez-Morás
[1900 - 1937] Manuscritos e apuntamentos sobre toponimia e igrexas galegas, fotografías e papeis relacionados co seu paso pola RAG.
 
Andrés Martínez Salazar
1261 - 1975 Documentos históricos, pergamiños, apuntamentos para os seus traballos e correspondencia.
 
Manuel Mato Vizoso
1878 - 1916 Manuscritos das súas obras históricas e literarias. Tamén inclúe partituras manuscritas do seu irmán Santiago.
 
Familia Mayor Rivas
1887 - 1939 Miscelánea pertencente a diferentes membros da familia.
 
Tomás Moar y Garazo
1890 - 1960 Correspondencia, notas e manuscritos.
 
Alfonso Molina Brandao
1925 - 1958 Miscelánea pertencente a diferentes membros da familia.
 
Luís Molist
1951 - 1968 Correspondencia con César Alvajar. Acceso restrinxido.
 
Manuel Murguía
Correspondencia, manuscritos, notas e coleccións de documentos históricos e pergameos.
Consulta non dispoñible actualmente.
 
Arquivo Parga Pondal
1833 - 1935 Cartas, manuscritos literarios e documentación biográfica de Eduardo Pondal. Tamén un grupo de documentos da familia Pondal Abente sobre todo de Isidro, e varios orixinais literarios dedicados polos seus autores a Enrique Peinador Lines. Libros.
 
Juan Naya Pérez
1914 - 1993 Correspondencia, informes do Cronista Oficial da Coruña e conferencias.
 
Eladio Oviedo Arce
Manuscritos, documentos e fotografías sobre a historia de Galicia.
 
Familia Pardo Bazán
[15??] - 1970 Composto por dous grupos, por un lado a documentación sobre as rendas e patrimonio da familia, desde o século XV ata os anos setenta. Por outro, os arquivos individuais de varios membros da familia entre os que destaca o de Emilia Pardo Bazán.
 
José Pérez Ballesteros
Papeletas para un dicionario e refráns.
 
Eduardo Pondal
1890 - 1918 Manuscritos literarios, correspondencia e documentos persoais.
 
Javier Prado Lameiro
1911 - 1928 Manuscritos da súa obra.
 
Irmáns Puente Brañas
1841 - 1939 Manuscritos literarios e documentos persoais.
 
Pazo de Miraflores
1575 - 1921 Documentación sobre as rendas que mantivo este pazo, que pertenceu á familia Pardo Bazán.
 
Domingo Quiroga Ríos
1948 - 1964 Correspondencia con César Alvajar.
Acceso restrinxido.
 
Vicente Risco
1884 - 1963 Manuscritos literarios, históricos e correspondencia.
 
Xesús Rodríguez López
1537 - 1987 (1996) Correspondencia e manuscritos das súas obras.
 
Eduardo de la Rocha Mille
1894 - 1994 Documentación académica e profesional.
 
José Rubinos Ramos
1917 - 1963 Manuscritos literarios, correspondencia, fotografías e a colección de orixinais do Álbum da Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega na Habana.
 
Galo Salinas
1874 - 1926 Manuscritos literarios e documentación persoal.
 
Ramón Suárez Picallo
1957 - 1964 Documentación persoal, cartas, fotografías e recortes de prensa, xunto con algún manuscrito. Correspondencia con César Alvajar.
 
Arturo Taracido Veira
1953 - 1964 Correspondencia con César Alvajar.
 
Familia Troncoso
1871 - 1916 Documentación patrimonial da familia.
 
César Vaamonde Lores
1867 - 1942 Notas, cartas, e estudos para a investigación sobre a fábrica de moeda de Xuvia.
 
Claudio Varela de Cambre
1951 - 1998 Manuscritos de poemas, de artigos para a prensa coruñesa e dunha novela.
 
Pascual Veiga
1862 -[ 2000] Documentación persoal, partituras manuscritas del e dos seus fillos.
 
Luís Vidart Schurch
1881 - 1896 Correspondencia con Emilia Pardo Bazán.
 
Familia Villar Chao
1918 - 1975 Correspondencia, recortes de prensa e debuxos.
Antón Villar Ponte: manuscritos das súas obras literarias, artigos, discursos, etc. Correspondencia.
Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Destaques comentados
 
Unha palabra: Exilio
Exiliado, emigrado, desterrado... a expresión da experiencia da expulsión da patria propia sufriu diversas mutacións ao longo da historia. 
Ver máis
Un libro: Armas i triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662)
O primeiro Cronista Xeral do Reino de Galicia, Frei Felipe de la Gándara, concibe na súa obra Armas i triunfos un pobo con identidade propia.
Ver máis
Un documento: O taller de Pondal
A Academia custodia os manuscritos de Pondal, testemuñas do complexo de creación do Bardo bergantiñán.
Ver máis
Prensa:Actitudes respecto da cultura popular
A prensa do século XIX acolleu os primeiros estudos sobre a literatura e as tradicións populares.
Ver máis
Unha peza: Machados de Ambroa
Estes machados de bronce, atopados no Concello de Irixoa, foron doados á Academia por Francisco Vales Villamarín.
Ver máis

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]