|
Actualmente, na Real Academia Galega están abertas as seguintes seccións:
SECCIÓN DE LINGUA
Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros 24º ano (4-29 xullo 2011)
ORGANIZA:XUNTA DE GALICIA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
REAL ACADEMIA GALEGA
Director: Francisco Fernández Rei
O fin primordial do Curso será dar ao estudante a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua galega, están programadas leccións sobre a literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como excursións e visitas aos lugares de principal interese cultural e paisaxístico de Galicia.
Dentro do curso haberá distintos niveis:
- Un elemental, de iniciación á lingua galega. Para estudantes que desexen introducirse no coñecemento desta lingua. Os alumnos deste nivel serán distribuídos en dous grupos segundo o grao de comprensión da lingua, previa a realización dun test.
- Outro medio, destinado a estudantes que xa cursaron o elemental, ou que posúan un coñecemento básico do idioma.
- Un curso superior de Filoloxía Galega.
Poderanse inscribir todas as persoas que o desexen. Unicamente se esixe ter feitos os 18 anos, e que a ficha e a cota de inscrición cheguen á Secretaria dos Cursos antes do día 1 de maio.
Bases(galego, inglés, francés)
Seminario de Lexicografía
Creado en 1983. Director: Manuel González González.
O Seminario de lexicografía encárgase da elaboración dos distintos dicionarios, da coorganización dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros e de Lingua e Cultura Galegas para españois de fóra de Galicia.
Seminario de Sociolingüística
Creado en 1990. Director: Manuel González González.
No Seminario de sociolingüística desenvólvense estudos que abranguen múltiples temas, como a elaboración de enquisas macro-sociolingüísticas, a análise de actitudes lingüísticas ou a medición das competencias lingüísticas.
Mapa Sociolingüístico de Galicia (MSG-92)
Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia (7,30 Mb)
Seminario de Gramática
Creado no ano 2000. Directora: Rosario Álvarez Blanco.
O Seminario de gramática encárgase da elaboración de estudos gramaticais sobre a lingua galega.
Seminario de Onomástica
Creado no ano 2001. Director: Antón Santamarina Fernández.
O Seminario de onomástica encárgase da recompilación de datos do ámbito da onomástica, da súa investigación e da elaboración de informes sobre toponimia e antroponimia.
Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega (TERMIGAL)
Creado en 1996. Director: Manuel González González.
Desde o TERMIGAL elabóranse vocabularios sobre linguas de especialidade e resólvense dúbidas de terminoloxía puntual.
SECCIÓN DE HISTORIA
Creada en 1998. Director: Xosé Ramón Barreiro Fernández.
Desde a Sección de historia trabállase e investígase sobre distintos aspectos relacionados coa historia da institución e de Galicia.
SECCIÓN DE LITERATURA
Creada en 1998. Director: Xesús Alonso Montero.
A Sección de literatura encárgase da recuperación de textos literarios galegos, do estudo da nosa literatura e da organización de eventos relacionados con ela.
|