Nesta iniciativa súmanse os esforzos de diferentes estamentos da cultura galega co obxectivo de rememorar, desde unha óptica actual, as cincuenta edicións do Día das Letras.

A comisión que promoveu a inciativa diante da porta da Real Academia Galega. De esquerda a dereita: Marcos Dopico, presidente da Asociación Galega de Deseñadores; Xosé Salgado e Pepe Barro, de Grupo Revisión Deseño; Jacobo Bermejo, presidente da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia; Xosé Luís Axeitos, secretario da Academia; Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Academia; Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega e Manuel Bragado, presidente da Asociación de Editores.
 

O caderno, de 56 páxinas, será publicado o 17 de maio polo xornal Faro de Vigo de xeito gratuíto. Contará, ademais, cunha edición adicional de mil exemplares, a cargo da Asociación Galega de Editores, que será repartida por colexios e bibliotecas de todo o país. No caderno faise un percorrido por cada unha das figuras homenaxeadas ao longo destes cincuenta anos de Día das Letras a través dunha serie de 50 carteis realizados por cadanseu deseñador. En cada cartel aparece tamén un breve texto autoría dun escritor galego actual, quer da xeración máis veterana, como Manuel Álvarez Torneiro e María do Carme Kruckenberg, quer da máis nova, como María Reimóndez ou Daniel Costas. O caderno inclúe o manifesto titulado "As letras que nos fixeron", no que se pode ler: "As palabras e as imaxes son os lugares da cultura, esa é a masa que nos une".

No proxecto participaron once entidades e asociacións reunidas arredor da causa comunal da defensa e dignificación da nosa lingua e cultura propias que nomeamos a continuación: Real Academia Galega, Asociación Galega de Deseñadores, Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Torras Papel/Norte Papel, Asociación Galega de Editores, Federación de Libreiros de Galicia, Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia, ANABAD – Galicia, Faro de Vigo e a Xunta de Galicia.

Caderno cos 50 carteis, editado por Faro de Vigo [9,4 Mb]
 

Abaixo: Reproduccións dos 50 carteis, con datos de figura homenaxeada, autoría dos textos (Tx) e dos deseños (Ds). Clicando  nas miniaturas descárganse arquivos PDF con resolución abonda para podérense imprimir.

1963. Rosalía
Tx: Teresa Moure
Ds: Danivx/D. Costas
[PDF, 0.6 Mb]
1964. Castelao
Tx: Marta Dacosta
Ds: Javier P. López
[PDF, 1.77 Mb]
1965. Pondal
Tx: Manuel Forcadela
Ds: M. Agra Bermejo
[PDF, 5.2 Mb]
1966. Añón
Tx: Gonzalo Navaza
Ds: Segundo Fdez.
[PDF, 0.75 Mb]
1967. Curros
Tx: Luis G. Tosar
Ds: Raquel Boo
[PDF, 0.9 Mb]
1968. Cuevillas
Tx: Marilar Aleixandre
Ds: Irene Garía
[PDF, 1 Mb]
1969. Noriega Varela
Tx: M. X. Queizán
Ds: Víctor Núñez
[PDF, 0.3 Mb]
1970. Valladares
Tx: Rosa Aneiros
Ds: Pancho Lapeña
[PDF, 2.2 Mb]
1971. López Abente
Tx: Miro Villar
Ds: J.A. Pérez Gil
[PDF, 0.37 Mb]
1972. Lamas Carvajal
Tx: Carlos Negro
Ds: Luis Gaán
[PDF, 0.88 Mb]
1973. Lago González
Tx: Fina Casalderrey
Ds: Esteban Carballido
[PDF, 1 Mb]
1974. Viqueira
Tx: Francisco Castro
Ds: Felipe Gil / Rádar
[PDF, 1.9 Mb]
1975. Pintos
Tx: A. Riveiro Coello
Ds: Rafa Cáccamo
[PDF, 0.5 Mb]
1976. Cabanillas
Tx: M. Álvz. Torneiro
Ds: Oscar Canal
[PDF, 0.95 Mb]
1977. Villar Ponte
Tx: Pilar García Negro
Ds: Diego Carracedo
[PDF, 1.5 Mb]
1978. López Ferreiro
Tx: Francisco Carballo
Ds: Natalia Crecente
[PDF, 0.75 Mb]
1979. Man. Antonio
Tx: Chus Pato
Ds: Pepe Barro
[PDF, 0.7 Mb]
1980. Afonso X
Tx: Helena Villar
Ds: Marcos Dopico
[PDF, 1.5 Mb]
1981. Risco
Tx: Fco. Fdez. Naval
Ds: Noemí Díaz
[PDF, 2.2 Mb]
1982. L. A. Carballo
Tx: Eva Veiga
Ds: Rebeca Ces
[PDF, 0.35 Mb]
1983. Leiras Pulpeiro
Tx: Xabier Cordal
Ds: Carlos Álvarez
[PDF, 0.9 Mb]
1984. Cotarelo
Tx: Manuel Lourenzo
Ds: Lía Santana
[PDF, 0.3 Mb]
1985.Losada Diéguez
Tx: Vázquez Pintor
Ds: Xosé Salgado
[PDF, 0.3 Mb]
1986. A. I. Alvariño
Tx: Luis Rei Núñez
Ds: ArinspunK (AK)
[PDF, 1.1 Mb]
1987. Fca. Herrera
Tx: María Reimóndez
Ds: Uqui Permui
[PDF, 4.2 Mb]
1988. Otero Pedrayo
Tx: Ramón Caride
Ds: Rubén Prol
[PDF, 0.7 Mb]
1989. Celso Emilio
Tx: Ramón Nicolás
Ds: desescribir
[PDF, 1 Mb]
1990. Luis Pimentel
Tx: Pilar Pallarés
Ds: Óscar de Castro
[PDF, 0.8 Mb]
1991. Cunqueiro
Tx: Xina Vega
Ds: Cristina Varela
[PDF, 0,7 Mb]
1992. Bouza Brey
Tx: Xavier Queipo
Ds: Mauro Hernández
[PDF, 1.3 Mb]
1993. Blanco Amor
Tx: Bieito Iglesias
Ds: María Ramos
[PDF, 0.8 Mb]
1994. Luis Seoane
Tx: Xabier Seoane
Ds: desescribir
[PDF, 7.6 Mb]
1995. Rafael Dieste
Tx: Cesáreo Sánchez
Ds: Kike Besada
[PDF, 0.85 Mb]
1996. Ferro Couselo
Tx: Xabier Docampo
Ds: David Silvosa
[PDF, 1.7 Mb]
1997. Ánxel Fole
Tx: Paco Martín
Ds: David Sierra
[PDF, 1.3 Mb]
1998. Poetas Ría Vigo
Tx: M.C. Kruckenberg
Ds: Alberte Permuy
[PDF, 2.2 Mb]
1999. Blanco torres
Tx: Anxo Angueira
Ds: Xosé Teiga
[PDF, 3.7 Mb]
2000. Murguía
Tx: Agustín Fdez. Paz
Ds: Fausto Isorna
[PDF, 1.9 Mb]
2001. Eladio Rdguez.
Tx: Isidro Novo
Ds: 100 l. /m2
[PDF, 0.2 Mb]
2002. Sarmiento
Tx: Mercedes Queixas
Ds: Dani Bembibre
[PDF, 0.9 Mb]
2003. Avilés
Tx: Ana Romaní
Ds: Álvaro Valiño
[PDF, 8.5 Mb]
2004. Xaq. Lorenzo
Tx: A. Reigosa
Ds: daqb design
[PDF, 0.9 Mb]
2005. Lorenzo Varela
Tx: Marga do Val
Ds: Idear Com. Visual
[PDF, 0.85 Mb]
2006. Lugris Freire
Tx: Lois Diéguez
Ds: Clara Malde
[PDF, 3.6 Mb]
2007. María Mariño
Tx: Marica Campo
Ds: David Carballal
[PDF, 0.7 Mb]
2008. Álvz. Blázquez
Tx: X.M.A. Cáccamo
Ds: Óscar Germade
[PDF, 0.7 Mb]
2009. Ramón Piñeiro
Tx: Xabier Alcalá
Ds: X.C. Hidalgo
[PDF, 7.9 Mb]
2010. Novoneira
Tx: M. A. Fernan-Vello
Ds: Xosé Vizoso
[PDF, 3.1 Mb]
2011. Lois Pereiro
Tx: Marcos Calveiro
Ds: Alberto R. Pérez
[PDF, 0.75 Mb]
2012. Paz Andrade
Tx: Tucho Calvo
Ds: Xosé Lois Vázquez
[PDF, 0.7 Mb]

Axenda de actos Ver todos
Xoves 30 de maio de 2013 / 10:00 h
Rosalía de Castro no século XXI

Imaxe da portada do folleto dos cursos de verán XXVI Curso de verán de galego para estranxeiros
A información para a inscrición neste curso pódese descargar aquí. [0,9 Mb]

Cuberta do Boletín 371, dedicado ao Congreso Novoneyra Boletín nº 371
O Boletín da Real Academia Galega chega ao número 371. Pode descargarse directamente aquí. [3,4 Mb]

 

Cadernos de Lingua nº 34
PDF completo do último Caderno editado. [3.6 Mb]

Imaxe de portada das Normas Ortográficas do Galego Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego 
As Normas poden descargarse directamente aquí. [4,9 Mb]